ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 4 de outubro de 2007

Manifestación polo centro de Vigo
Páranse as obras do Ave en Lalín nunha segunda xornada de folga na Construción masiva

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  2º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Concentración dos traballadores da Construción na Porta do Sol.
2º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Os traballadores comezaron unha marcha polas rúas do centro de Vigo con paradas, como foi esta no cruce de Colón.
2º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Centos de folguistas continuaron a marcha subindo Colón...
2º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
... Urzaiz...
2º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
... e Gran Vía...
2º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
... até a Praza de España.
2º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Xosé Xoán Melón, secretario nacional da Federación da Construción da CIG, dirixiuse aos concentrados na asemblea de valoración da primeira metade de xornada. (Fotos: ©galizacig.com 03/10/2007).
No segundo día da folga da Construción pola negociación dun Convenio provincial digno para os traballadores deste sector houbo piquetes que se desprazaron até novas zonas como o norte da provincia e que conseguiron paralizar as obras da maior obra pública da provincia: a construción dun dos tramos do tren de alta velocidade.

Foi tamén unha xornada para confirmar o alto seguimento desta convocatoria na inmensa maioría da provincia de Pontevedra, con piquetes en zonas máis afastadas das dúas grandes cidades, e que mantiveron durante toda a xornada a tensión nesta importante mobilización polos dereitos dos traballadores.


Paro nas obras do Ave

Un piquete dun cento de persoas logrou deter ao mediodía as obras do tren de alta velocidade no Concello de Lalín, despois de tomar esta decisión por unanimidade na asemblea celebrada á mañá co conxunto dos traballadores desta grande obra. A segunda xornada da folga no sector da construción da provincia de Pontevedra consigue así un dos seus obxectivos principais, deter a principal infraestrutura pública que se está a construír en Galiza.


Manifestación polas rúas de Vigo

Na cidade de Vigo volvíanse xuntar centos de traballadores desta comarca desde as doce da mañá para visibilizar nesta xornada as súas demandas e a súa loita nunha marcha polas principais rúas do centro desta cidade.

Así comezaban coa concentración na Porta do Sol, para logo camiñar até o cruce de Colón, onde volvían parar, cortando deste xeito o tránsito nas principais vías de Vigo. A manifestación continuaba polas rúas de Colón, Urzaiz e Gran Vía, até rematar na Praza de España, cunha asemblea de traballadores para avaliar esta xornada.

Nesta asemblea final, en nome da CIG, falou Xosé Xoán Melón, secretario nacional da Federación da Construción, para explicar que “é preciso continuar con esta forza, continuar cos piquetes e tamén co acertado desta manifestación pola cidade, así que mañá temos que ser o dobre, porque só loitando conseguiremos os nosos obxectivos”.

 
 
Informacións relacionadas
03/10/2007 Seguimento masivo
Éxito na primeira xornada da folga da Construción na provincia de Pontevedra
29/09/2007 A CIG advirte do posíbel incremento da conflitividade no sector
Apoio unánime dos traballadores da Construción á folga convocada a partir do día 2 de outubro
26/09/2007 Xuntanzas con todos os sindicatos
Asemblea dos traballadores da Construción en Vigo preparando a folga da vindeira semana
20/09/2007 Os paros serán os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e indefinidos a partir do 16 do mesmo mes
Convocada a folga da Construción na provincia de Pontevedra
08/09/2007 A patronal presenta proposta provocadora
Ruptura das negociacións do Convenio Provincial de Pontevedra da Construción
13/06/2007 Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta