ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 18 de outubro de 2007

Os dous operarios despedidos seguen sen ser readmitidos
Prosegue a folga dos traballadores da UTE Plocor-2

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Traballadores da UTE PLOCOR 2; clic para aumentar
A UTE Plocor-2 segue a manter unha postura intransixente e négase a readmitir os dous empregados que foron despedidos logo de reclamar melloras laborais. (Foto: Os traballadores durante a rolda de prensa na que anunciaron o inicio da folga. ©galizacig.com).
 
O seguimento da folga dos traballadores da UTE Plocor-2 está a ser total. O cadro de persoal mantén un paro indefinido desde o 15 de outubro para esixir a readmisión de dous compañeiros despedidos. Esta Unión Temporal de Empresas encárgase do mantemento de parte da autovía A-6 e da N-VI entre Lugo e o límite coa provincia de A Coruña.

Os traballadores concentráronse o 15 de outubro diante da sede da UTE no polígono de O Ceao (Lugo) e fronte á Delegación de Fomento os días 16 e 17. Esixen a intervención do Ministerio no conflito, pois ambas estradas son da súa titularidade.

O Comité de Folga reuniuse con representantes de Plocor-2 mais sen obter resultado algún. A UTE segue a manter unha postura intransixente e négase a readmitir os dous empregados que foron despedidos logo de reclamar melloras laborais.

 
 
Informacións relacionadas
10/10/2007 Exixen a readmisión de dous traballadores despedidos por reclamar melloras laborais
Os traballadores da UTE PLOCOR 2 convocan folga indefinida a partir do 15 de outubro
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta