|
Actualidade CIG-Comunicación-
Un dos xefes da residencia, Guillermo Cortés, estivo durante toda a concentración fotografando as persoas asistentes e proferindo comentarios chulescos e desafiantes. As provocacións deste individuo foron constantes e mesmo intentou intimidar os manifestantes introducindo a grande velocidade a súa furgoneta no recinto do xeriátrico. Até o lugar desprazouse unha dotación da Garda Civil que foi avisada polo propio Cortés. Os membros da CIG, así como os familiares, amigos e veciños de Maruxa Gómez, a traballadora agredida, explicáronlles aos axentes que non abandonarían o lugar até que a empresa lle pagase a nómina a esta empregada. Finalmente, os responsábeis de “Fonte do Santo” aboáronlle a Maruxa os cartos que lle debían, polo que a concentración chegou ao seu fin. A traballadora atópase de baixa como consecuencia dun accidente laboral que sufriu nesta residencia. Días atrás foi obxecto dunha agresión por parte dunha das xefas, da delegada de persoal e dunha compañeira. Maruxa foi golpeada por estas tres persoas cando se dispuña a entregar unha baixa médica, pois tivo unha recaída do accidente. A vítima tamén quería que a empresa lle pagase a nómina de setembro. |
||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/10/2007 |
||||||||||||||
|