ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 5 de outubro de 2007

A empregada foi golpeada pola xefa, pola delegada de persoal e por unha compañeira cando se dispuña a entregar unha baixa
Unha traballadora é vítima dunha agresión no xeriátrico de Coirós

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xeriátrico Fonte do Santo de Coirós; clic para aumentar
A residencia de anciáns Fonte do Santo conta xa con innumerábeis antecedentes por acoso laboral. Tres das súas traballadoras emprenderon accións xudiciais contra a empresa polas presións que padecen, outras tantas delas permanecen de baixa psicolóxica e varias máis tiveron que abandonar o seu posto ao seren incapaces de aturar as vexacións.
 
Unha traballadora do xeriátrico Fonte do Santo de Coirós foi agredida o 3 de outubro pola xefa, pola delegada de persoal e por unha compañeira cando se dispuña a entregar unha baixa laboral na empresa. A vítima, afiliada á CIG, acudiu inmediatamente despois do ataque ao centro médico de Betanzos onde os facultativos realizaron un parte de lesións que certifica varias contusións no seu corpo. A agresión foi denunciada na Garda Civil.

A empregada sufriu contusións e mancaduras tras ser zarandeada, golpeada e empurrada por estas tres persoas. A vítima pretendía entregar na empresa unha baixa laboral e reclamar que lle desen a nómina de setembro, pois temía que se producise un retraso no cobro como así lle aconteceu en ocasións anteriores.

A residencia de anciáns Fonte do Santo conta xa con innumerábeis antecedentes por acoso laboral. Tres das súas traballadoras emprenderon accións xudiciais contra a empresa polas presións que padecen, outras tantas delas permanecen de baixa psicolóxica e varias máis tiveron que abandonar o seu posto ao seren incapaces de aturar as vexacións. A Federación de Servizos da CIG solicita a intervención de Vicepresidencia da Xunta nesta residencia, que ten cheques asistenciais deste departamento autonómico. Este xeriátrico tamén se beneficia de subvencións da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

A CIG-Servizos convoca unha concentración de protesta o sábado 6 de outubro, a partir das 12:00 horas, perante a residencia da terceira idade Fonte do Santo, sita na estrada da Espenuca, s/n de Coirós. A Secretaría Confederal da Muller da CIG adhírese a esta convocatoria.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta