|
Actualidade CIG-Comunicación-
Todos os días coñecemos casos de traballadores e traballadoras vítimas dunha mala atención das mutuas, que lles negan as baixas ou precipitan as altas laborais sen estar curados nin en condicións de incorporárense aos seus postos. Ao longo destes anos, os diferentes gobernos do Estado reformaron sucesivamente a lexislación para recortar moitos dereitos no mundo do traballo, entre eles, a calidade asistencial nas baixas por accidente ou o período de recuperación das mesmas. Privatizaron o control desta prestación a través das mutuas, ás que concederon un poder ilimitado. Na actualidade, os abusos e as prácticas neglixentes das mutuas están a provocar unha degradación na cobertura sanitaria, inaceptábel para a clase traballadora.
|
|||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2007 |
|||||||||||||
|