ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 27 de novembro de 2007

Con motivo do proceso de eleccións sindicais
A CIG-Ourense denuncia presións aos traballadores da Residencia da Fundación Valdegodos en Viana do Bolo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Residencia da Fundación Valdegodos en Viana do Bolo; clic para aumentar
Para impedir que a CIG consiga presenza no Comité de Empresa da Residencia da Fundación Valdegodos en Viana do Bolo, estanse producindo ameazas, coaccións e enganos sobre os traballadores/as por parte da Dirección e tamén dalgún destacado representante do Partido Popular.
 
Con motivo de celebrarse o proceso de eleccións sindicais nos centros de traballo da Residencia Valdegodos e para impedir que a CIG consiga presenza no Comité en Viana do Bolo, estanse producindo ameazas, coaccións e enganos sobre os traballadores/as por parte da Dirección e tamén dalgún destacado representante do Partido Popular.

Desde a CIG Ourense denuncian que “a Fundación parece non ter asumido que os traballadores e traballadoras temos o dereito constitucional de elixir aos nosos representantes e pretenden
seguir colocando no Comité a falsos delegados sindicais aos que despois manexan como marionetas, que asinan acordos que van contra os intereses dos traballadores e traballadoras, como son os que están agora”.

Engaden que “é inadmisíbel que a empresa coaccione, presione e intente atemorizar aos traballadores/as por estar a organizarse na defensa dos seus intereses. A CIG ten como principal obxectivo a defensa da liberdade sindical e non vamos permitir que se ameace ou coaccione aos traballadores que opten por presentarse na nosa candidatura, polo que utilizaremos os métodos de resposta que consideremos necesarios para frear esta violación dun dereito fundamental”.

O secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, subliñou “con respecto á intromisión neste proceso do Partido Popular esiximos que se poñan ao marxe do mesmo se non queren verse involucrados como partido nunha campaña de denuncia que levaremos ata onde sexa necesario”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta