ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 8 de novembro de 2007

O presidente da Autoridade Portuaria evidencia o fracaso
da súa xestión

A CIG lamenta que Fernández-Alonso recoñeza a falta de espazo para contedores no Porto exterior

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Obras Porto exterior de A Coruña; clic para aumentar
A inexistencia dun espazo reservado para os contedores supón un obstáculo infranqueábel para que o Porto exterior se converta nun revulsivo para o desenvolvemento económico e industrial da comarca. (Foto: ©galizacig.com).
 
A CIG lamenta as recentes declaracións do presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, Macario Fernández-Alonso, nas que recoñece que o Porto exterior vai carecer de espazo para as infraestruturas necesarias para albergar contedores, cuxo tráfico representa a principal fonte de riqueza das grandes dársenas do mundo.

A inexistencia dun espazo reservado para os contedores supón un obstáculo infranqueábel para que o Porto exterior se converta nun revulsivo para o desenvolvemento económico e industrial da comarca. Á CIG resúltanlle moi graves as declaracións do presidente da Autoridade Portuaria, pois condenan a A Coruña a seguir sen o tráfico de contedores necesario para o despegue do seu porto.

De non corrixirse esta situación, confirmaríanse as denuncias realizadas pola central nacionalista que alertan de que a construción do Porto exterior está concibida como un simple trasladado das actuais instalacións portuarias cara Punta Langosteira, nun proxecto que agocha intereses especulativos coa desafectación dos terreos dos peiraos da cidade. Macario Fernández-Alonso evidencia coas súas declaracións o fracaso e o fraude que representa a súa xestión á fronte da Autoridade Portuaria, pois renuncia a que a dársena exterior se converta no motor industrial e económico do futuro para o conxunto da bisbarra.

A CIG fai un chamamento ás administracións e ao resto de sectores sociais para que se unan ás reclamacións da central nacionalista co obxectivo de que o Porto exterior dispoña dos espazos e infraestruturas precisos para o tráfico de contedores.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta