|
Actualidade CIG-Comunicación-
Recorrido este despedimento pola traballadora prodúcese unha sentencia que o declara nulo. A empresa, lonxe de depoñer a súa actitude persiste na mesma e despide a outra traballadora que compareceu como testemuña da anterior. Novamente declárase nulo este despedimento e a sentencia recoñece expresamente o prexuízo causado á traballadora e a vulneración da liberdade sindical. Con esta reiterada vulneración de dereitos fundamentais na empresa CASA DE LINCORA, SA - Hotel Auriense, co despido de varias traballadoras e obriga de readmisión por sentencia do Xulgado do Social, non aboamento de cantidades endebedaras, negación de goce de período vacacional, etc, desde a CIG de Ourense denuncian que se “pretende dar un escarmento a estas traballadoras para que o resto non se lle ocorra facer valer os deus dereitos laborais e sindicais”. Por todos estes motivos, a CIG da Comarca de Ourense presentou denuncia na Inspección de Traballo solicitando que “se impoña a sanción moi grave no seu grao máximo e sancionando á empresa por importe de 187.515 euros”. |
||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2007 |
||||||||||||
|