|
Actualidade CIG-Comunicación-
O novo convenio non contempla un incremento maior dos pluses de nocturnidade e turnicidade, dado o uso que a empresa está a facer ultimamente da 3ª e 4ª quenda. O acordo tampouco recolle o plus de distancia ou algún outro factor que corrixa as diferenzas existentes entre traballadores. Do mesmo xeito, o novo convenio non estipula redución de xornada, nin unha nova regulación dos ascensos para aqueles traballadores que leven anos nunha mesma categoría e teñan determinada idade. Tamén ignora a dispoñibilidade por horas de determinados permisos ou contemplar a invalidez permanente total en determinadas pólizas. Polo tanto e dadas as circunstancias negativas que envolveron a negociación deste acordo, nas que a CIG foi un mero ouvinte, nomeadamente na reunión da Mesa Negociadora do pasado 23 de outubro, a asemblea de afiliados á CIG en Santa Bárbara tomou a decisión unánime de non asinar o acordo sobre o novo convenio colectivo da empresa. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/11/2007 |
||||
|