ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 7 de novembro de 2007

Loita contra a sinistralidade
A delegada de Traballo de Ourense amósase receptiva ás propostas da CIG sobre Prevención de Riscos Laborais

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Etelvino Blanco
Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG Ourense, manifestou a súa vontade de “continuar a requirir da Administración e poderes públicos unha actitude máis dura e esixente” na loita contra a sinistralidade laboral. (Foto: ©galizacig.com).
 
A delegada da Consellaría de Traballo de Ourense da Xunta amosou receptividade ante diversas propostas que representantes da CIG lle fixeron chegar en materia de prevención de riscos laborais e loita contra a sinistralidade, nunha xuntanza mantida como consecuencia das denuncias feitas pola CIG ante os graves accidentes nas obras do AVE, e o alto índice xeral de sinistros nesta comarca.

Por parte da Delegación acudiron a esta xuntanza, celebrada o martes 6 de novembro á mañá, a titular da mesma, Carme Rodríguez, así como o xefe do Gabinete de Seguridade e Saúde, Héctor González, e pola CIG o secretario comarcal, Etelvino Blanco, e o técnico do seu gabinete de Prevención de Riscos Laborais, Anxo Pérez Carballo.

Etelvino Blanco avaliaba así esta xuntanza: “ademais de coincidir basicamente no diagnóstico que desde a nosa Central se ten feito no que ás estatísticas de sinistralidade se refire, compartiu tamén outros enfoques e compromisos de cara a facer un traballo conxunto nos foros nos que participemos, como é o caso de afortalar e encher de contido o Comité Provincial de Seguridade e Saúde Laboral, así como que a Fiscalía do Estado asuma o seu importante papel de persecución dos delitos contra a seguridade dos traballadores”.


Vixilancia estrita

Ante a proposición de manter unha estreita e permanente colaboración entre sindicatos, Inspección de Traballo, Fiscalía do Estado e a propia Autoridade Laboral, manifestou que, estando conforme co fondo e intencionalidade da idea, “vaina estudar detalladamente e establecerá contactos coas demais institucións implicadas, de cara a celebrar proximamente unha reunión de traballo, no camiño de consolidar un foro de debate que teña como obxectivo recortar de xeito importante o número de sinistros, mediante políticas activas en materia de prevención de riscos, o que conleva a vixilancia estrita do seu grao de cumprimento”.

De todos xeitos, a CIG de Ourense manifestou a súa vontade de “continuar a requirir da Administración e poderes públicos unha actitude máis dura e esixente nesta materia”.

 
 
Informacións relacionadas
25/10/2007 Dos 3.296 accidentes nos nove primeiros meses de 2007, 52 foron graves e 7 mortais
Aumenta o número total de sinistros con baixa laboral en Ourense
12/10/2007 Novo accidente laboral en O Carballiño
A CIG diríxese á Delegación de Traballo de Ourense por unha xuntanza urxente para frear a sinistralidade
10/10/2007 Denuncia o grave incremento da sinistralidade laboral
A CIG demanda unha xuntanza con Traballo, Inspección e Fiscalía polo novo accidente laboral en Ourense
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta