|
Actualidade CIG-Comunicación-
A situación do centro de Saúde de Tui leva anos sendo parcheada con salas de espera reconvertidas en consultas de tamaño mínimo, coa sala de reunións repartida en dúas consultas, case sen espazo para o persoal na area administrativa, e sen salas de espera para os usuarios. Para dar resposta á actual situación de precariedade e ao necesario incremento de persoal nunhas condicións dignas, desde a CIG Saúde manifestan que “é imprescindíbel a construción inmediata dun novo centro de saúde”. Así engade a CIG Saúde da comarca de Vigo, desde un comunicado de prensa enviado aos medios, que “nin os usuarios nin os profesionais poden esperar máis. As autoridades competentes teñen que tomar decisións urxentes”. O Concello de Tui ten 17.000 habitantes que son atendidos por un Centro de Saúde construído en 1984, que conta co seguinte persoal:
Tendo en conta o Plan de Mellora para a Atención Primaria recentemente asinado polo Servizo Galego de Saúde, por cada 1.250 usuarios maiores de 15 anos tería que haber un profesional de enfermería e un médico, e por cada 800 nenos menores de 15 anos un pediatra e un profesional de enfermería. O persoal que realiza funcións administrativas habería que adecualo a estas necesidades, incluíndo que ten que dar citas e soporte administrativo aos servizos de apoio. |
|||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/11/2007 |
|||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||