|
Actualidade CIG-Comunicación-
Máis de vinte delegados e delegadas deste servizo da Administración concentráronse diante das instalacións da única oficina de emprego de Pontevedra para reclamar unha outra oficina do INEM así como para queixarse dos locais actuais, “que non responden nin as necesidades nin ao volume de persoas que son usuarios e usuarias dos mesmos”. A protesta contou co apoio masivo das persoas que utilizan esta oficina de emprego, e que se sentiron identificados con esta convocatoria da CIG Administración. O motivo desta concentración foi “denunciar a situación desta oficina, que se amosa totalmente insuficiente para atender dun xeito adecuado á cidadanía de Pontevedra, polo que se solicita dun xeito inmediato que a Delegación Provincial de Traballo dote a esta oficina dun espazo físico suficiente para emendar os problemas de insuficiente espazo co que contan os traballadores e traballadoras, e usuarios e usuarias deste servizo”. Con esta concentración tamén “reclamamos que como noutras cidades semellantes, Ourense, Santiago ou Lugo, Pontevedra teña unha segunda oficina de emprego, algo totalmente necesario por poboación e demandantes”. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/11/2007 |
||||
|