|
Actualidade CIG-Comunicación-
A asemblea de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo celebrou o luns día 5 unha nova xuntanza para tratar a problemática que afecta ao colectivo ao non ter comezado aínda as aulas neste curso, así como “os rumores sobre o incerto futuro que agarda a determinado alumnado deste centro”. Despois de ter intercambiado a mínima información que os e as asistentes teñen ao respecto das novidades neste tema, resolveron tomar os seguintes acordos: “solicitar unha entrevista coa concelleira de Educación para informala e ser informados das causas deste demora e do prexuízo que está a sufrir o alumnado”. Ademais acordaron convocar unha concentración o vindeiro luns 12 ás 19:00 horas no edificio da citada Escola de Artes e Oficios, e ao remate da mesma celebrar unha nova asemblea “na que se decidirán as medidas a tomar para pór fin a esta irregular situación”. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/11/2007 |
||||
|