ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 8 de novembro de 2007

A CIG-Transporte censura a concesión de selos de “Igualdade de Oportunidades” a esta rede empresarial
“Coruña Solidaria” premia o Grupo Vázquez, que precariza as mulleres

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Autocares Antonio Vázquez; clic para aumentar
Os poucos traballadores indefinidos do Grupo Vázquez son homes. Pola contra, as mulleres contan con contratos temporais. Isto constitúe unha irregularidade posto que se dedican ao transporte escolar e a outros servizos.
 
A CIG-Transporte amosa o seu estupor pola concesión por parte da Asociación “Coruña Solidaria” de selos de “Igualdade de Oportunidades” ás compañías Autos Viuda de Alfredo Labora, Autocares Antonio Vázquez e Autos S. Vázquez, pertencentes todas elas ao Grupo Vázquez. Estas tres empresas precarizan as mulleres.

Os poucos traballadores indefinidos do grupo son homes. Pola contra, as mulleres contan con contratos temporais. Isto constitúe unha irregularidade posto que se dedican ao transporte escolar e a outros servizos, polo que terían que ser fixas-descontinuas, conforme ao estabelecido no artigo 28 do Convenio Colectivo de Transporte de Viaxeiros en Autobús por Estrada da Provincia de A Coruña.

  Disco tacógrafo Autos Vázquez; clic para aumentar
A CIG-Transporte ten constancia de que mulleres que traballan no Grupo Vázquez realizan xornadas abusivas, incumprindo o Regulamento Europeo de Harmonización do Transporte. (Foto: Disco tacógrafo dunha traballadora do Grupo Vázquez onde se evidencia o icumprimento dos descansos).
 
Ademais, a CIG-Transporte ten constancia de que mulleres que traballan no Grupo Vázquez realizan xornadas abusivas, incumprindo o Regulamento Europeo de Harmonización do Transporte. Nomeadamente, non fan o descanso mínimo de once ou, excepcionalmente, de nove horas entre xornadas de traballo.

A CIG-Transporte repróchalle ás institucións e entidades que conforman “Coruña Solidaria” (Concellos de A Coruña, Carballo e Cerceda, UGT, CCOO, Confederación de Empresarios de A Coruña ou a Universidade de A Coruña) que premien estas tres empresas que, a xuízo da central nacionalista, distan moito de fomentar a igualdade de oportunidades entre xéneros no mercado laboral. Especialmente sangrante é a actuación de CCOO e UGT, que semella que esquecen a función que se lles presupón como sindicatos de defender os traballadores e traballadoras. A CIG-Transporte tamén critica que o Servizo Galego de Igualdade da Xunta dese o seu beneplácito á concesión a estas tres empresas dos devanditos galardóns.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta