ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 6 de novembro de 2007

IV Convenio de Telemárketing
Pola unidade de acción cara a Folga
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  CIG-Telemárketing, clic para aumentar
Dende a CIG entendemos que é precisa unha unidade de acción sindical, para que as medidas que se tomen conten co máximo apoio posible dos traballadores e das traballadoras. (Descarga a foto en tamaño tapiz para o escritorio de Windows 1024x768 ou 1280x960).
 
Levamos once meses cos nosos salarios conxelados. Subiron os alimentos, subiu a luz, subiron os combustibles, subiron as hipotecas e subiron especialmente os beneficios das empresas de Telemárketing, pero os nosos miserables salarios cada día valen para menos. Na reunión da Mesa de negociación do Convenio do 5 de novembro, a patronal, moi cómoda con esta situación, dedicouse novamente a reiterarse nos temas xa falados no seu día, sen presentar unha proposta de convenio.

Dende principios deste ano os traballadores e traballadoras vimos recoñecidos novos dereitos; por exemplo, o dereito a percibir diferentes pluses durante o período de vacacións, ou o dereito a disfrutar das horas para visitas médicas. Estes dereitos en ningún caso foron cesións nin esmolas da patronal, foron conquistados nos Xulgados do Social. As empresas de Telemárketing só se moven baixo presión.

Hai tres anos viviamos unha situación semellante, pero daquela, fronte a actitude prepotente da patronal, os sindicatos actuamos unitariamente e, grazas ao apoio do persoal de Telemárketing, que secundou masivamente os paros e folgas, conseguimos que as empresas entraran en razón. Hoxe vivimos unha situación máis grave que hai tres anos debido á ameaza da deslocalización. Hoxe, como daquela, dende a CIG entendemos que é precisa unha unidade de acción sindical, para que as medidas que se tomen conten co máximo apoio posible dos traballadores e das traballadoras.

Semella que algúns sindicatos teñen algún tipo de compromiso coas grandes compañías de telefonía, só así se entende que non queiran mobilizar ao sector. Tampouco podemos compartir medidas en solitario sen tratar previamente de aglutinar o máximo de forzas posible e que, polo tanto, están condenadas a ter un efecto moi limitado.

Dende a CIG comprometémonos a traballar en aras da unidade de acción no sector de Telemárketing. En todo caso, se esta non é posible, non será pola nosa culpa e entenderemos que temos as mans libres para unha convocatoria de Folga a nivel galego en todo o sector.

A próxima reunión será o 22 de novembro.


Galiza, 5 de novembro de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfPola unidade de acción cara a Folga

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta