ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 9 de novembro de 2007

A afectada é unha caixeira afiliada á CIG
Nova concentración diante dun novo Eroski Center pola traballadora despedida

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración Eroski Center Menéndez Pelayo Vigo; clic para aumentar
O Eroski Center, situado na rúa Menéndez Pelayo, acolleu esta nova concentración, con moito ruído e co reparto de panfletos explicativos, nos que se daba a coñecer este inxusto despedimento desta caixeira de Eroski. (Fotos: ©galizacig.com 08/11/2007).
Concentración Eroski Center Menéndez Pelayo Vigo; clic para aumentar
Concentración Eroski Center Menéndez Pelayo Vigo; clic para aumentar
Inaugurouse hai menos dunha semana un novo centro do Eroski Center na cidade de Vigo. O xoves 8 de novembro desde as 12 da mañá o Comité de Empresa de Eroski inauguraba ao seu xeito con unha nova concentración tamén este novo supermercado para reclamar a readmisión da despedida.

O Eroski Center, situado na rúa Menéndez Pelayo, acolleu esta nova concentración, con moito ruído e co reparto de panfletos explicativos, nos que se daba a coñecer este inxusto despedimento desta caixeira de Eroski, que traballaba nesta empresa desde hai máis de vinte anos, e que era integrante do Comité de Empresa pola CIG, no que levaba tamén máis de quince anos.

Desde a CIG Servizos de Vigo anunciaron que “continuaremos as mobilizacións até que sexa necesario para que se faga xustiza, porque non se pode permitir esta situación de persecución sindical que se vive nesta empresa”.


Próximo xuízo

Ademais, neste mes celebrarase o xuízo pola denuncia presentada ante o Xulgado do Social para que se recoñeza como nulo este despedimento e sexa readmitida a traballadora no seu posto.

 
 
Informacións relacionadas
05/10/2007 Afiliada á CIG denuncia persecución sindical
Concentración polo despedimento dunha caixeira do Eroski integrante do Comité de Empresa
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta