|
Actualidade
Vigo, 27 de novembro de 2007
A CIG solicitou unha xuntanza a Traballo para
abordar a problemática da sinistralidade laboral
Novo accidente laboral nas obras do Ave
| |
 |
| Na mañá do luns 26 de novembro
houbo un novo accidente laboral nas obras do AVE, en Figueiredo, na zona de Maside, que tivo consecuencias moi
graves para un mozo de 29 anos de Vigo ao que lle amputaron unha perna que se atopa hospitalizado con graves lesións.
(Foto: Lugar do accidente. Captura do
Telexornal da TVG). |
| |
Vai o cuarto sinistro nas obras do Ave, e o
terceiro na provincia de Ourense en tres meses. A CIG de Ourense continúa a denunciar estes feitos, así
como anuncia unha nova campaña sobre sinistralidade, así como continuará a presionar á
Administración para que faga cumprir a lexislación en materia de seguridade laboral.
Na mañá do luns 26 de novembro houbo
un novo accidente laboral nas obras do AVE, en Figueiredo, na zona de Maside, que tivo consecuencias moi graves
para un mozo de 29 anos de Vigo ao que lle amputaron unha perna que se atopa hospitalizado con graves lesións.
Desde a CIG de Ourense denunciaron “unha vez máis
este drama diario que está a ter lugar nesta provincia e que segue
demostrando que as subcontratas das grandes obras con tres accidentes moi graves en tres meses seguen máis
preocupados de aforrar custes que das condicións de seguridade”.
Xuntanza con Traballo
A delegada de Traballo convocou unha reunión
entre a Fiscalía, a Inspección de Traballo e as centrais sindicais CIG, UGT e CCOO que terá
lugar o martes 27 de novembro na Sala de Xuntas da Delegación Provincial da Consellería. Dita reunión
celebrarase a petición da CIG co fin de abordar a problemática da sinistralidade laboral e de “establecer
un foro estábel en orde a unha mellor interlocución entre os representantes dos traballadores e traballadoras
e a Administración e desde onde combater conxuntamente esta lacra”.
|