|
Actualidade CIG-Comunicación-
Nas listas están tamén presentes persoas históricas da CIG, que contribuíron a poñer en marcha o sindicalismo nacionalista e de clase en Caixavigo, Caixa Pontevedra e Caixa Ourense, as empresas que deron orixe a Caixanova. O grupo de tránsfugas estaba nucleado na Comarca de Vigo, concretamente na candidatura para o Comité Provincial de Pontevedra e anunciaron a súa marcha o día anterior á constitución da mesa electoral, tratando de evitar que a CIG puidera presentar candidatura. Feito que non conseguiron malia a incerteza que crearon inicialmente, xa que 34 persoas forman parte da candidatura da CIG para este Comité, que é o maior de toda a empresa. As candidaturas evidencian os apoios con que conta a CIG entre os traballadores e traballadoras de Caixanova, así como a capacidade de organización e resposta da Central Sindical. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/11/2007 |
||||
|