|
Actualidade CIG-Comunicación-
Esta mobilización tiña lugar despois dunha asemblea e que se solicitara unha entrevista coa concelleira de Educación de Vigo para que se informara aos alumnos e alumnas do que estaba a acontecer. Esta entrevista tivo lugar a semana pasada e nesta reunión a concelleira escusouse ante os alumnos por herdar este problema da anterior lexislatura municipal do PP e non ser consciente do problema que habería pola ilegalidade e os contratos lixo cos que estaban os profesores desta Escola. Os alumnos e alumnas volveron tanto na xuntanza como nesta mobilización reclamar que comecen as clases canto antes, que se lles teña informados de todo este proceso, e a defensa da calidade no emprego para as profesoras e profesores.
Aínda así, amosábanse optimistas co comezo das clases, “pois agardamos que as que non son de música tradicional comecen nun prazo de tres semanas, unha vez solventados os prazos e os problemas, e coa creación da Escola Municipal de Música Tradicional e Folque, que levará a Fundación Son de Seu, agardamos que tamén comecen as aulas, aínda que será moito máis tarde do que agardabamos que fora, e case que perdemos por completo xa o primeiro trimestre, e este xa nunca será un curso completo”. As alumnas e alumnos continuarán “vixiantes ante todo o que aconteza” co comezo das aulas e o bo funcionamento no futuro desta Escola Municipal. |
|||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/11/2007 |
|||||||
|