|
Actualidade
A Coruña, 23 de novembro de 2007
Demandan un convenio colectivo propio
Os traballadores do sector de Deportes trasladan as súas protestas até a Xunta
| |
 |
| Os traballadores do sector Deportes e Espectáculos
da provincia de A Coruña iniciaron mobilizacións contra a precariedade nas súas condicións
de traballo, logo da desaparición do Convenio Colectivo Provincial do Grupo de Espectáculos e Deportes
de A Coruña. (Fotos: ©galizacig.com
22/11/2007). |
 |
 |
 Descarga o vídeo.
(Formato do vídeo: Windows Media
Video [wmv], duración: 1'24'', espazo en disco: 7.142.078 bytes [6,81 Mb]). Realización: Antón
Álvarez Sanz. |
 |
| Tras ocupar por espazo duns minutos as oficinas
da Dirección Xeral para o Deporte, os traballadores lograron ser atendidos por un asesor da Consellaría
de Cultura e Deporte, Xosé Antón Fernández Rojo, que se comprometeu a manter unha xuntanza
no prazo de quince días para tentar aportar unha solución ás súas demandas. |
Os traballadores/as do sector de Deportes e
Espectáculos da provincia de A Coruña levaron o 22 de novembro as súas protestas até
a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta. Tras ocupar por espazo duns minutos as oficinas deste departamento,
radicadas no Estadio de San Lázaro de Compostela, lograron ser atendidos por un asesor da Consellaría
de Cultura e Deporte.
Un dos asesores do departamento que dirixe Ánxela
Bugallo, Xosé Antón Fernández Rojo, comprometeuse a manter unha xuntanza cos traballadores
no prazo de quince días para tentar aportar unha solución ás súas demandas. Pola súa
banda, os empregados son bastante escépticos ante o grao de cumprimento das promesas que fai a Consellaría
de Cultura e Deporte.
Os traballadores do sector Deportes e Espectáculos
da provincia de A Coruña iniciaron mobilizacións contra a precariedade nas súas condicións
de traballo, logo da desaparición do Convenio Colectivo Provincial do Grupo de Espectáculos e Deportes
de A Coruña.
A CIG-Servizos denuncia a desregularización
que se está a producir na situación laboral destes empregados, trala aplicación de varios
convenios colectivos que empeoran as condicións e dereitos do anterior. Todo isto está motivado pola
negativa das empresas que compoñen o sector a constituír unha asociación patronal, aos efectos
de negociar un convenio colectivo provincial específico.
|