ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 21 de novembro de 2007

Dous policías que declararon no xuízo incorreron en contradicións
Piden dous anos de cadea para tres afiliados da CIG acusados de coaccións durante a folga de 2001

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Medran escravistas e xulgan sindicalistas; clic para aumentar
Estes tres afiliados estiveron arroupados no xuízo, celebrado o 20 de novembro, por integrantes da Executiva comarcal da CIG, ademais de por outros compañeiros e amigos. Minutos antes de ter comezado a vista, a Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou unha concentración de apoio nas portas dos Xulgados da cidade. (Foto: ©galizacig.com 20/11/2007).
 
Tres afiliados da CIG de Ferrol enfróntanse a dous anos de cárcere ao estaren acusados dun delito continuado de coaccións, supostamente cometido na folga xeral do 15 de xuño de 2001. Dous axentes da policía española que declararon no xuízo incorreron en contradicións nos seus testemuños. Ademais, non se presentou ningunha proba de cargo contra os tres traballadores.

O Ministerio Público e as dúas acusacións particulares tamén solicitan para os acusados o pagamento dunha indemnización de 610 euros por uns supostos danos nas pechaduras dun centro comercial ferrolán.

Os testemuños no xuízo dos dous policías españois foron inconsistentes e contraditorios entre si, ademais de diferir da versión reflectida no atestado. Mentres que o primeiro axente asegurou que viu como un grupo de tres ou catro persoas inutilizaba unha pechadura dun centro comercial, o outro non puido precisar se ese grupo a danara ou non. Os axentes, ademais, foron incapaces de determinar a distancia entre a que se atopaban eles e os individuos que, segundo os policías, eran os tres imputados.


Detencións

Ismael P.P. foi detido por estes dous policías nun punto da cidade bastante afastado do centro comercial. Interviñéronlle unha mochila na que, ademais dos máis diversos obxectos persoais, había un bote de silicona pero que estaba precintado. Este simple detalle foi empregado na vista polo fiscal e polas acusacións particulares (que representan o Concello de Ferrol e
   

Paulo R.P. denunciou ter recibido puñadas na cara, ademais de patadas, por parte dun dos policías.
 
un centro comercial) para tentar incriminar os tres afiliados da CIG.

Paulo R.P. foi arrestado cando se dirixía cara o lugar onde os axentes estaban a identificar Ismael. Paulo R.P. denunciou ter recibido puñadas na cara, ademais de patadas, por parte dun dos policías.

Mauricio C.L., o terceiro dos acusados, non foi identificado nin detido, e asegurou que estivo en todo momento na súa casa. Porén, os axentes afirmaron que o “identificaron visualmente” pola rúa a noite do 14 de xuño de 2001. Varios días despois Mauricio foi chamado pola policía para que prestase declaración mais os datos do seu enderezo que manexaban os axentes eran falsos. Mauricio relacionou o seu procesamento e mais o dos compañeiros “cunha práctica habitual de seguimento e hostigamento que fai a policía de aquelas persoas que desenvolven actividade sindical e política en Ferrol”.

A avogado defensor pediu a libre absolución dos tres acusados xa que non existe contra eles ningunha proba que os inculpe. Salientou, do mesmo xeito, as contradicións nas que caeron constantemente os dous policías.

Estes tres afiliados estiveron arroupados no xuízo, celebrado o 20 de novembro, por integrantes da Executiva comarcal da CIG, ademais de por outros compañeiros e amigos. Minutos antes de ter comezado a vista, a Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou unha concentración de apoio nas portas dos Xulgados da cidade.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta