|
Actualidade
A Coruña, 28 de novembro de 2007
Concentráronse unha vez máis
diante da Casa Consistorial de Vedra
Traballadores de Serrabal frustran de novo a sinatura da expropiación da mina
| |
 |
| Os empregados da mina de Serrabal impediron,
cos seus camións, o segundo intento de ADIF para entregar as actas. (Foto:
©Xoán A. Soler/La
Voz de Galicia). |
| |
Traballadores da mina de Serrabal e das factorías
de Ferroatlántica de Sabón e Cee-Dumbría concentráronse o 27 de novembro diante da
Casa Consistorial de Vedra para impedir a sinatura das actas de expropiación dos terreos da mina por parte
de representantes do ADIF e de RAMSA, a empresa concesionaria da explotación do xacemento.
Esta nova concentración, ao igual que as
que se realizaron con anterioridade diante dos concellos de Vedra e Boqueixón, foi apoiada pola CIG.
Os empregados da mina de Serrabal, despois de
permaneceren fronte ao Concello de Vedra, volveron concentrarse ante as instalacións que algunhas das empresas
encargadas da construción do TAV teñen na localidade de Ponte Ulla. Impediron, cos seus camións,
o segundo intento de ADIF para entregar as actas.
|