ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 10 de novembro de 2007

Celebraranse en Vigo o próximo 22 e 23 de novembro
XII Encontros Sindicais da Muller

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  XII Encontro Sindical da Muller; clic para aumentar
XII Encontro Sindical da Muller: Sindicalismo feminino, logros e retos.
 
Baixo o título “Sindicalismo feminino: logros e retos” terá lugar a XII edición dos Encontros Sindicais da Muller, xornadas nas que se avalía desde unha perspectiva de xénero a participación das mulleres na actividade sindical. Serán o próximo 22 e 23 de novembro no Hotel Coia de Vigo.

A continuación reproducimos o programa que se vai desenvolver nos próximos encontros sindicais da Muller, dos que a CIG participa como central sindical organizadora, e relatora en moitos dos temas.


Programa

Día 22 de novembro

09:00 horas
Presentación e entrega da documentación.

09:30 horas
Apertura das xornadas a cargo de Raquel Pazos, secretaria da Muller da CIG; Elena Rodríguez, secretaria da Muller de CCOO; Ángeles Arias, secretaria da Muller de UGT; e Iolanda Veloso, concelleira da Muller de Vigo.

10:00 horas
Estudos sobre taxas de ocupación feminina na Galiza. Relatora: Natividade López do Gabinete Técnico da CIG.

11:00 horas
Reflexión sobre a presenza da muller cara aos convenios. Relatora: María Xosé Ferreiro, secretaria xeral de Confia.

12:00 horas
Pausa café.

12:15 horas
Obra de teatro: Rotas. Pífano.

14:00 horas
Xantar.

16:30 horas
Aprendizaxes de capacitación. Cuestionario.


Día 23 de novembro

09:30 horas
Muller no sindicato: Estar e decidir. Mesa redonda coa participación de Pilar Seoane, secretaria de Emprego, Servizos e Administración Pública de CCOO-Vigo; Beatriz Caamaño, da Executiva comarcal da CIG-Vigo; e Carmen Brea, secretaria da Muller de UGT-Galiza.

10:30 horas
Medidas legais ante as situacións de acoso. Relatora: Yolanda Rodelgo, técnica en Prevención de Riscos Laborais de UGT-Vigo.

11:30 horas
Pausa café.

12:00 horas
Obradoiros.

13:00 horas
Conclusións.

13:30 horas
Clausura, a cargo de Carme Adán, secretaria xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galiza.


Programa; clic para aumentar

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta