|
Actualidade / Artigo Xurxo Martínez Crespo-
O editorial nun xornal representa o devir ideolóxio, ético do xornal. No editorial dita opinión o xornal, neste caso El País, sobre calquera tema. O editorial correspondente ao revolucionario arxentino-cubano Ernesto Guevara Che é un exemplo máis de editoriais (e noticias, comentarios, artigos de opinión, deturpacións dos correspondentes internacionais) sobre o que acontece en Bolivia, Chile, Colombia, Cuba, Venezuela, Iraq, Irán, Gaza, Corea do Norte... As informacións terxiversadas poden ser tanto como para denigrar (falsa e gratuitamente) gobernos lexítimos e democráticos coma os de Bolivia ou Venezuela, ou para “tapar” e “maquillar” gobernos coma o de Colombia ou Chile. Son innumerábeis os desmentidos enviados a El País por parte do embaixador venezuelano en Madrid. A anterior correspondente do xornal en Caracas, Ludmila Vinogradoff, foi forzada a dimitir do seu posto polas queixas dos lectores, mais non pola dirección de El País que nese momento, abril de 2002, apoiou e alentou o golpe de Estado en Venezuela dende os seus editoriais, artigos de opinión e informacións selectas.
Moisés Naim, ademais de ser director executivo do Banco Mundial, foi ministro no derredeiro Goberno do prófugo da xustiza venezuelana Carlos Andrés Pérez. Foi este mandato do socialdemócrata Pérez co partido Acción Democrática iniciado en 1988 o do pagamento dos favores recibidos (de parte e parte) do Goberno socialista de Felipe González. Miguel Boyer chegou a ter unha casa alugada en Caracas para aconsellar economicamente ao Goberno de Pérez. Esta relación fraternal entre o prófugo da xustiza Carlos Andrés Pérez e Felipe González veu dende os tempos nos que un insolvente PSOE era financiado pola Venezuela saudita de 1974, 1975 e 1976. Felipe González chegou a entrar clandestinamente, pouco antes da legalización do seu partido, no avión presidencial venezuelano en voo desde Roma a Madrid.
Despois de tres anos no seu poder, Cisneros non só non refroutou a empresa, senón que a vendeu cunha grande ganancia sen tela tocado nin saneado, por 30.000 millóns de pesetas ao grupo empresarial Mountleigh. Pero os españois, non só dende Bolívar, caeron sempre mal en Latinoamérica. Foron membros da mesma Acción Democrática e outros parlamentarios no Congreso venezuelano os que pararon os “créditos atados” de miles de millóns de dólares que enviaba Felipe González... “para comprar produtos españois”. Miguel Boyer, Isabel Preysler e os bombóns Ferrero Rocher tampouco estrearon casa en Caracas, malia estar alugada. Contan que foi o propio Cisneros o que se negou ante Pérez que viñesen aquí (Venezuela) a “ensinar” nada. Despois viría a quebra da compañía estatal de aviación venezuelana Viasa (Venezolana Internacional de Aviación Sociedad Anónima), a súa venda (eles dixeron “privatización”) e a aparición milagreira da Iberia de Felipe González.
Así a “privatización” non foi máis que un traspaso dun Estado a outro dunha compañía, neste caso Viasa. Iberia, nese tempo deficitaria, tardou dez anos en sanearse e ser vendida en Bolsa por 1.500 millóns de dólares, despois da quebra, baixo as súas ordes de Aerolíneas Argentinas e Viasa. Hoxe, outubro de 2007, dez anos despois, os traballadores venezuelanos aínda non cobraron as súas indemnizacións da compañía Iberia.
Todo este ambiente vil, trapalleiro, das altas esferas do poder económico-politico do compadreo non é o reflectido no libro de Moisés Naim “Ilícito. Cómo el contrabando, los traficantes y la piratería están cambiando el mundo”.
Este Moisés Naim, disfrazado de altos cargos en oficinas estadounidenses que serven para manter a explotación a inxustiza e a iniquidade arredor do mundo, especialmente en Latinoamérica que está máis perto, fai gala dun gran cinismo cando no seu libro retrata a simples vulgares “ladróns de galiñas” sendo precisamente Moisés Naim o representante máis acaído dos ladróns (e lamentabelmente) asasinos de colo branco. Pero eu non quería expor o que calquera sabe ou coñece sobre El País, sen dúbida coa mesma ideoloxía que ABC, El Mundo, La Razón... pero con distinto amo.
El País por certo peca moito desta doenza, cando comezando o Editorial asegura “El romanticismo europeo estableció el siniestro...”. A dereita recalcitrante sempre dixo que a idea do revolucionario bo proviña da idea roussoniana do bo salvaxe, etc, etc, etc.
A sorpresa vén cando lemos que os traballadores de El País non saben a quen serven. Pensarán que os seus suplementos dominicais de “tendencias”, “moda”, “coches”, “casas rurais” estaban máis acordes cos ideas dun mundo máis xusto polo que loitou e morreu Ernesto Guevara? Dicir que moitos deles colocaron cartaces de Ernesto nos seus postos de traballo e pouca cousa... incítoos a que poñan tamén os de calquera ser anónimo do mundo latinoamericano, deses que non coñecen a existencia do seu xornal de “tendencias, complementos e fichaxes intelectuais como Moisés Naim”; nesas vidas e rostros anónimos están todos os graos de millo que dixera Martí, e desde logo, tamén está o noso Comandante, un pequeno paso na conciencia e xa ninguén poderá vencernos. |
|||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/11/2007 |
|||||||||||||||||||||||||||
|