ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 13 de decembro de 2007

Este gabinete da CIG deu a coñecer dúas novas guías de prevención de riscos no traballo
180 persoas asisten á Xornada de Presentación de Resultados de Saúde Laboral
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xornada de Saúde Laboral en Compostela; clic para aumentar
180 persoas participaron na Xornada de Presentación de Resultados da actividade que desenvolveu durante este ano o Gabinete de Saúde Laboral da CIG.
Xornada de Saúde Laboral en Compostela; clic para aumentar
Alfonso Tellado, director do Gabinete de Saúde Laboral, fixo entrega dunha figura a Xosé Arribe, membro do Gabinete de Seguridade de Rande.
Xornada de Saúde Laboral en Compostela; clic para aumentar
Ignacio Fernández, traballador de Navantia-Ferrol e autor da guía de “Medio Ambiente e Sustentabilidade no Traballo”.
Xornada de Saúde Laboral en Compostela; clic para aumentar
Sayaca Doldán, técnica de prevención da Secretaría da Muller da CIG e autora da “Guía de Prevención desde unha perspectiva de xénero”.
Xornada de Saúde Laboral en Compostela; clic para aumentar
Pilar Rodríguez, diplomada en enfermaría e afiliada á CIG, disertou acerca da “Guía de Acción Preventiva sobre as Lesións Musculoesqueléticas”, realizada por ela mesma.
180 persoas encheron o salón de actos do Hotel Congreso de Compostela, onde na mañá do 11 de decembro se realizou a Xornada de Presentación de Resultados da actividade que desenvolveu durante este ano o Gabinete de Saúde Laboral da CIG. Así mesmo, no acto déronse a coñecer dúas guías de prevención de riscos no traballo, elaboradas integramente por afiliados á central nacionalista.

A Xornada tamén serviu para premiar o labor encomiábel realizado por diferentes persoas no eido da promoción e fomento da seguridade no traballo. Alfonso Tellado, director do Gabinete de Saúde Laboral, fixo entrega dunha figura a Xosé Arribe, membro do Gabinete de Seguridade de Rande, e a Ignacio Fernández, traballador de Navantia-Ferrol e autor da guía de “Medio Ambiente e Sustentabilidade no Traballo”, que se presentou nesa mañá. Sayaca Doldán, técnica de prevención da Secretaría da Muller da CIG e autora da “Guía de Prevención desde unha perspectiva de xénero” tamén foi galardoada. O Gabinete de Saúde Laboral acordou deixar deserto o premio destinado aos empresarios. Pilar Rodríguez, diplomada en enfermaría e afiliada á CIG, disertou acerca da “Guía de Acción Preventiva sobre as Lesións Musculoesqueléticas”, realizada por ela mesma.

O Gabinete de Saúde Laboral da CIG desenvolveu un extenso traballo durante este ano. Asesorou traballadores, delegados e comités de empresa, presentou a Guía de Boas Prácticas para os Centros Especiais de Emprego, organizou o II Curso Superior de Prevención de Riscos Laborais e participou na discusión do texto do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ou no Plan de Acción sobre a situación no sector da Pedra.

A Xornada foi clausurada polo secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e contou coa presenza dos secretarios confederais de Negociación Colectiva e Saúde Laboral e de Muller, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Antolín Alcántara e Mari Carme López Santamariña, respectivamente.

 
 
Informacións relacionadas
04/12/2007 Este departamento da CIG presentará os resultados das actividades que desenvolveu ao longo de 2007
Saúde Laboral presentará novas publicacións nunha xornada de formación o 11 de decembro
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta