|
Actualidade CIG-Comunicación-
O sindicato nacionalista tiña ata o de agora 1 soa delegada, despois de que entrara a formar parte do Comité hai 2 anos, cando se celebraron as anteriores eleccións de ampliación dese órgano. Bosch é a maior empresa de Telemárketing en Vigo e unha das maiores de Galiza. Dá emprego a perto de 1.000 persoas. Esta é a primeira vez que a CIG consigue a maioría nunhas eleccións sindicais celebradas nunha gran empresa do sector, feito que ademais se produce nas vésperas da Folga convocada contra a precariedade laboral e fronte á deslocalización. Dende a Federación de Banca da CIG, considérase o resultado como moi positivo, e destacan que o persoal da empresa valorou favorablemente o bo traballo desenvolvido pola Sección Sindical da CIG en Bosch. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 21/12/2007 |
|||||||
|