ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 28 de decembro de 2007

O secretario nacional da Banca e delegadas do sector presentaron ao deputado Fernando Blanco un paquete de medidas urxentes
A CIG solicita do BNG apoio a súa proposta contra a deslocalización do Telemárketing
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  A representación da CIG co deputado Fernando Blanco do BNG; clic para aumentar
Unha representación integrada por delegadas da CIG nas maiores empresas de Telemárketing no país e polo secretario nacional da Federación de Banca, Clodomiro Montero, foi recibida polo deputado Fernando Blanco en representación do Grupo Parlamentar do BNG. (Na foto, de esquerda a dereita, Clodomiro Montero (CIG), Fernando Blanco Parga (BNG), Loli Sánchez (Atento), Tania Noguerol (Eurocen) e Laura Pérez (Bosch). ©galizacig.com 27/12/2007).
 
Unha representación da CIG-Telemárketing reuniuse co Grupo Parlamentar do BNG, na primeira das reunións previstas con responsables políticos e da Administración, co fin de recadar apoios ás propostas presentadas pola Central Sindical para garantir o emprego neste sector ameazado pola deslocalización.

Unha representación integrada por delegadas da CIG nas maiores empresas de Telemárketing no país e polo secretario nacional da Federación de Banca, Clodomiro Montero, foi recibida polo deputado Fernando Blanco en representación do Grupo Parlamentar do BNG, deputado que en diversas ocasións tense destacado por presentar iniciativas parlamentarias contra a precariedade e a deslocalización no sector do Telemárketing.

No último ano e medio, 900 persoas perderon os seus postos de traballo en Galiza debido aos procesos de deslocalización a América Latina e Marrocos. Procesos que a medio prazo ameazan directamente a 3.700 postos de traballo nas maiores empresas ubicadas na Galiza. Ante esta grave ameaza, dende a CIG elaborouse un paquete de medidas fronte a deslocalización e reclaman a súa posta en marcha de xeito urxente:

Creación dunha Mesa sectorial a tres bandas coa presenza da Xunta de Galicia, os sindicatos máis representativos e as empresas de Telemárketing con centros de traballo en Galiza. Negociación dun Plan de apoio ao sector que permita garantir os postos de traballo.

Creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos. Outras comunidades autónomas teñen creado as súas propias Axencias de Protección de Datos, o que a súa vez lles dá participación nos órganos da Axencia Estatal de Protección de Datos.

Regular por Lei a obriga de facilitar a opción do galego nos servizos de atención ao cliente. O idioma galego ten un valor engadido na defensa dos postos de traballo no sector. Se os clientes e clientas teñen o dereito a ser atendidos en galego e exercen o dereito, non poden ser atendidos dende fóra do país. Esta medida garantiría nova carga de traballo para as empresas de Telemárketing situadas en Galiza.

Solicitar o traspaso de competencias en materia de telecomunicacións. Actualmente está é unha competencia do Goberno Central, sen que interviñera para regular esta situación. Para a CIG quen opera no país debe ser obrigado por Lei a manter aquí os servizos.

Por parte do Grupo Parlamentar do BNG amosouse a súa preocupación pola situación do sector, ao tempo que anunciaron o seu apoio a aquelas iniciativas que contribúan a evitar a deslocalización e a precariedade laboral.

Ao longo dos vindeiros días, a CIG agarda novas reunións con responsables políticos e da Administración pública, co fin de procurar apoios a este paquete de medidas coas que a Central nacionalista pretende garantir os 8.000 postos de traballo do sector en Galiza.

 
 
Informacións relacionadas
22/12/2007 Cun seguimento do 90%, empresas como Atento, Bosch ou Eurocen estiveron practicamente pechadas
Telemárketing: Unha folga con carácter galego
21/12/2007 Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG Banca
“A CIG é un referente no Telemárketing como demostra a folga do día 21”
19/12/2007 Pronunciamentos favorábeis dos Comités de Atento e Eurocen
Medra o apoio á Folga no sector do Telemárketing
13/12/2007 Denuncian a precariedade laboral e a deslocalización
As centrais sindicais CIG e CGT convocan folga no sector de Telemárketing para o 21 de decembro
01/12/2007 CIG e CGT desconvocan a folga do día 7 e contémplase o anuncio doutra convocatoria inmediata
Comfia-CCOO e Fes-UGT asinarán o IV Convenio de Telemárketing o 5 de decembro
30/11/2007 CCOO, UGT e patronal asinan un preacordo de Convenio que amplía a temporalidade e establece salarios de miseria
O 7 de decembro CIG e CGT convocan Folga no sector de Telemárketing
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta