|
Actualidade / Entrevista Antón Álvarez Sanz (CIG)-
J. Elorrieta: Hai varios factores. Un deles, de importancia relativa, é o histórico. A segunda razón, máis importante, é o tipo de sindicalismo que facemos, que é reivindicativo, de contrapoder, baseado na acción sindical. Do noso punto de vista, nunha situación laboral moi deteriorada, este perfil sindical é un plus para nós. O noso é un modelo contrario ao sindicalismo de concertación, que tamén denominamos de acompañamento, cuxa “aportación” principal é o chamado diálogo social, isto é, estar sistematicamente chegando a acordos co Goberno e cos empresarios. Hai outra clave no noso sindicato: a organización. Isto non só é dispor de máis o menos medios, senón como se organizan, que nivel de motivación hai. Tamén valoramos os servizos á afiliación. A moitos afiliados o que lles interesa é que servizos lles dás como “contrapartida” á cota: a asistencia xurídica, a caixa de resistencia en períodos de folga, a asesoría nas negociacións colectivas ou en situacións críticas nas empresas... A conciencia nacional e o compromiso na defensa da autodeterminación tamén son compoñentes reivindicativos na militancia de ELA. Todos estes factores explican quen é quen e hai que velos coma un todo. Pola contra, UGT, un sindicato que só ten o 13% de representación na CAV, ten unha grande tradición histórica, mais isto só non serve. Antón Álvarez: Como se encontran actualmente as relacións entre ELA e o outro sindicato abertzale, LAB? J. Elorrieta: Non estamos a atravesar a mellor época da nosa historia, mais tampouco
a peor. Até os anos 90 éramos dous mundos que non nos recoñecíamos mutuamente, pois
traballábamos de maneira absolutamente separada, cunha concepción sindical e política moi
distinta. A partir de 1993, a situación mudou radicalmente e empezamos a ter un nivel de colaboración
no terro sindical, político e social moi interesante, tendo en conta que non era fácil. A confrontación
política era moi grande no conxunto de Euskal Herria, pois ETA tiña un nivel de intervención,
de atentados mortais, importante, o que convertía en crítica a situación. A partir de 2000
a relación entra en crise, mais non
Antón Álvarez: O panorama político vasco semella pouco esperanzador a curto prazo. Nos últimos tempos agudizouse a represión sobre representantes políticos. Aí están o encarceramento de grande parte da Mesa Nacional de Batasuna ou o procesamento do Lehendakari. Aínda fican esperanzas para unha pronta resolución do conflito? J. Elorrieta: A situación
aparentemente é desesperante, tanto pola causa aberta contra o Lehendakari como polo encarceramento de grande
parte da Mesa Nacional de Batasuna, que foi unha consecuencia da ruptura da tregua de ETA. Mantense deste xeito
un estado d
Antón Álvarez: Dá a impresión de que o Estado español o que máis teme son as consultas populares. J. Elorrieta: Todo o contrario acontece noutros estados con máis madurez e tradición democrática, como Canada ou Gran Bretaña. É evidente que estes dous estados non queren que se constitúan como estados independentes Quebec e Escocia, mais aceptan o debate e as solucións democráticas. O caso español é unha excepción pois é Estado mal feito. A Transición magnifícase, cualifícase de modélica mais as cousas fixéronse a medias, superficialmente. O Estado español de hoxe non está en condicións de aceptar un debate democrático sobre o futuro vasco. Este é o grande problema que teñen os españois. Por outra banda, hai que ver como liquidaron o “Estatut”, que viña avalado polo 90 % do Parlamento catalán. Foi unha auténtica grosería e un alarde de primitivismo democrático o “cepillo constitucional” que lle aplicaron ao Estatut. Ademais, vemos como se gaban do papel do rei no último Cumio Iberoamericano. No Estado, a grosería é un acto de reafirmación. Por tanto, o Estado español non está preparado para debater aquelas cuestións que non se abordaron hai trinta anos, como a monarquía ou como o tema navarro, pois todo o mundo sabe que a solución navarra foi imposta polo ruído de sables e non permitirán que agora se converta nunha cousa natural, consubstancial á democracia. Datos sobre a representatividade
sindical en Hego Euskal Herria Comunidade Autónoma
Vasca
Comunidade Foral de Navarra
Sindicato
% delegados/as
Sindicato
% delegados/as
ELA
40
UGT
30
CCOO
20
CCOO
24
LAB
17
ELA
21
UGT
13
LAB
12
Outros
10
Outros
13
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2007 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||