|
Actualidade CIG-Comunicación-
Para que os centros de Infantil e Primaria se poidan acoller á xornada única a Consellaría de Educación estebleceu mediante unha orde que data xa do ano 1993 que a proposta debe ser presentada polos 2/3 do Claustro e do Consello Escolar e contar co voto favorábel dos 2/3 do censo dos pais. A Conselleira de Educación comprometeuse na Mesa Sectorial do día 29 de maio deste ano a negociar uns novos criterios máis flexíbeis para que os centros se poidan acoller á xornada única. Na Mesa Sectorial do 14 de decembro, presentou unha proposta que para a CIG-Ensino supón “unha tomadura de pelo ao conxunto do profesorado”, xa que non reduce a participación dos 2/3 do censo dos votos afirmativos para acollerse á xornada única. Por iso, a CIG-Ensino está promovendo unha recollida de sinaturas para exixir a negociación duns novos criterios para implantar a xornada única que contempla: • Que se elabore unha nova orde que regule a modificación da xornada única na que tanto a xornada partida como a xornada única teñan a consideración de xornadas ordinarias e que para mudar dunha a outra se sigan os mesmos procedementos. • Que para proceder á modificación da xornada se requira a participación do 50% do censo e o voto afirmativo dos 2/3 dos participantes, entendendo un voto por unidade familiar. • Que para a ratificación do tipo de xornada se requira soamente o voto afirmativo da maioría dos membros dos órganos colexiados. • Que a implantación da xornada única non estea condicionada polo transporte escolar e que se supriman as dobraxes do transporte. • Que a Administración educativa garanta a todos os centros os servizos complementarios e as actividades extraescolares, independentemente do tipo de xornada.
Estes da Consellaría, Retrouso: Dende a ClG dicimos: Retrouso No da participación, Retrouso Pero coa vosa proposta, Retrouso Se non nos pomos de acordo Retrouso E xa pra ir rematando Retrouso Aí che vai Laura querida, |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/12/2007 |
||||||
|