|
Actualidade CIG-Comunicación-
Comfia-CCOO e Fes-UGT teñen anunciado que asinarán o acordo desoíndo aos traballadores e traballadoras do sector e incluso aos seus propios compañeiros e compañeiras das seccións sindicais e das federacións de Telecomunicacións que anunciaron a súa oposición a este acordo. A CIG manifesta que non se pode manter a folga do día 7 de decembro, xa que a lei prohibe realizar folgas por Convenios xa asinados. Agora ben, dende a Central sindical subliñan que non hai folga ese día, pero que están a traballar para abordar novas medidas de presión ao longo do mes de decembro contra a precariedade laboral, polo mantemento do emprego e contra a deslocalización. Advirten ás empresas do sector que o sindicato non vai quedar de brazos cruzados diante da situación que están a vivir os traballadores e traballadoras de Telemárketing. A CIG nin se prega nin se rende. Asemade, a CIG quere facer chegar a todo o persoal afectado polo convenio o anuncio doutra inmediata convocatoria de folga que se está preparando para o mes de decembro, con data aínda por determinar. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/12/2007 |
||||
|