ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 6 de decembro de 2007

Concentracións o día 12
Folga e mobilizacións para exixir melloras laborais na Atención Primaria do Sergas
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  SERGAS - Atención Primaria; clic para aumentar
Diante da inaceptable proposta do SERGAS na Mesa Sectorial do día 6 de novembro, CCOO, CESM, CIG-Saúde, CSIF, SATSE e UGT chegaron ao acordo de constituír unha Plataforma Sindical Unitaria que dé resposta as medidas presentadas, e que unifique as reivindicacións da Atención Primaria.
 
Os sindicatos CIG, UXT, CCOO, SATSE, CSIF e CESM constituíron unha plataforma unitaria para consensuar as súas reivindicacións no campo da Atención Primaria da sanidade pública galega. Desde esta rede anunciaron un calendario de medidas de presión para esixir melloras laborais.

As reivindicacións comezan o próximo día 12 de decembro con concentracións de media hora en todos os centros de traballo, acto ao que seguirá unha xornada de folga, convocada para o día 21 de decembro, venres.

Diante da inaceptable proposta do SERGAS na Mesa Sectorial do día 6 de novembro, CCOO, CESM, CIG-Saúde, CSIF, SATSE e UGT chegaron ao acordo de constituír unha Plataforma Sindical Unitaria que dé resposta as medidas presentadas, e que unifique as reivindicacións da Atención Primaria.

En apoio desta Plataforma decidiron convocar as medidas de presión que sexan necesarias, iniciándose cunha xornada de concentracións en Atención Primaria o mércores 12 de decembro de 2007 ás 12 da mañá, con concentracións de media hora o persoal das Unidades de mañá, nos propios centros, o persoal das Unidades de tarde e o persoal dos Pac, nas Xerencias.


Táboa reivindicativa

A continuación reproducimos integramente o conxunto das reivindicacións presentadas por esta plataforma sindical.



Plataforma sindical pola mellora do persoal de Atención Primaria

A mellora global da Atención Primaria en Galicia esixe necesariamente medidas e vontades nun dobre plano: na mellora dos recursos materiais e organizativos dispoñibles e na mellora das condicións profesionais e laborais de todo o seu persoal. Non hai ningún plano de mellora que poda ter éxito sen dar resposta satisfactoria a eses dous aspectos.

Conscientes desa necesidade, e diante da evidencia de que a política do Sergas só pretende abordar parcialmente o problema, as organizacións sindicais máis representativas no sector sanitario CCOO, CESM, CIG, CSIF, SATSE e UGT acordamos impulsar conxuntamente un plano de medidas para a mellora da atención primaria en materia de persoal. Son as seguintes:


Cuestións xerais para UAP e PAC

• Xornada máxima semanal de 35 horas ou a súa equivalencia en horas anuais.

• Respecto do dereito á voluntariedade para a prolongación de xornada, e igualdade nas súas condicións tanto na limitación de horas como na súa compensación.

• Preferencia absoluta da substitución por contratación fronte á acumulación de cargas, para cubrir ausencias; en caso de imperiosa necesidade de acumular cupos, preferencia así mesmo na prolongación voluntaria de horario fronte á intersubstitución.

• Redefinición das categorías, as plantillas e as retribucións de persoal non sanitario: cara un persoal de xestión e servizos de atención primaria.


Cuestións particulares para UAP/SAP

• Eliminación dos sábados como atención ordinaria, con distribución de luns a venres da xornada ordinaria establecida.

• Paso de Cartillas a Tis sen perdas retributivas. Especial consideración do impacto nas retribucións do incremento xeneralizado de prazas/cupos, así como das situacións de soidade e de illamento.

• Valoración das Tis en base ás cargas de traballo asociadas a 6 diferentes tramos de idade e ao volume de pensionistas menores de 65 anos.

• Supresión dos cupos por tramos nas retribucións da Enfermería: cara ao cupo enfermeiro.

• Revisión e homologación das retribucións de Odontólogos, Pediatras, Matronas, Fisioterapeutas e Traballadoras Sociais.

• Revisión das retribucións do Persoal de Xestión e Servizos, que recoñeza as súas diferentes funcións.

• En caso de ter que acudir, só en última opción, á intersubstitución, garantir o pago dunha cuantía superior ao da retribución total do ausente, dende o primeiro día e para todas as categorías.


Cuestións particulares para PAC

• Xornada anual de 1.430 horas, ou a que corresponda a unha nova regulación xeral da xornada de 35 horas.

• Garantía de cómputo do período de IT como período non recuperable a efectos de xornada.

• Desenvolvemento anual das quendas de traballo, cunha distribución equitativa e ponderada entre todo o persoal que preste servizos nos PACs.

• Recoñecemento e creación dun complemento vinculado á especificidade da urxencia.

• Recoñecemento e aplicación dos complementos vinculados ás particulares condicións de traballo: nocturnidade, festividade (incluídos sábados), e turnicidade adaptada.

• Protocolo de actuación para garantir a efectiva protección nos casos de embarazo, maternidade e lactancia.

• Definición dun posto de traballo de PSX en PAC e do seu sistema de acceso dende as categorías actualmente existentes.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta