ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 19 de decembro de 2007

Pronunciamentos favorábeis dos Comités de Atento e Eurocen
Medra o apoio á Folga no sector do Telemárketing
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Manifestación en defensa do emprego dos/as traballadoras de Atento; clic para aumentar
Onde a folga terá o apoio unánime será en Atento A Coruña, a CIG, CCOO e UGT enviaron un comunicado conxunto a todo o cadro de persoal anunciando o apoio a esta mobilización. No comunicado lémbrase que grazas ás mobilizacións conxuntas do mes de marzo conseguiuse paralizar os novos despedimentos previstos neste centro de traballo, non así no resto das Plataformas desta empresa. (Foto: Manifestación en defensa do emprego dos/as traballadoras de Atento o 15 de marzo de 2007 en A Coruña. ©galizacig.com).
 
Os Comités das maiores empresas de Telemárketing de Galiza aproban pronunciamentos a favor da FOLGA do vindeiro 21 de decembro. No caso de Atento A Coruña, as Seccións Sindicais de CCOO, UGT e CIG teñen sacado un comunicado conxunto de apoio a esta mobilización.

O pasado día 17 de decembro o Comité da empresa Eurocen, situada na cidade de A Coruña, aprobou un pronunciamento a favor da Folga convocada para o día 21 de decembro.

A CIG só ten nesta empresa unha delegada, que entrou cando se fixo unha ampliación do Comité. No seu día os delegados/as do resto dos sindicatos expresaron publicamente a súa oposición ao Convenio, e agora optaron por non opoñerse á folga na votación do Comité.

Onde a folga terá o apoio unánime será en Atento A Coruña, a CIG, CCOO e UGT enviaron un comunicado conxunto a todo o cadro de persoal anunciando o apoio a esta mobilización. No comunicado lémbrase que grazas ás mobilizacións conxuntas do mes de marzo conseguiuse paralizar os novos despedimentos previstos neste centro de traballo, non así no resto das Plataformas desta empresa.

O vindeiro día 20 está previsto que se reúna o Comité de Empresa de Unísono Vigo, no que con toda seguridade será aprobado un pronunciamento favorable á Folga, xa que os sindicatos convocantes contan con maioría absoluta.

Caso aparte é o de Bosch en Vigo xa que o día 20 están previstas eleccións sindicais para ampliación do número de integrantes do Comité de Empresa, polo que non haberá pronunciamento do Comité. Semella que para algúns os intereses electorais pesan máis que a grave situación do persoal.

Dende a Confederación Intersindical Galega, fan un chamamento a todas as traballadoras e traballadores do sector para que apoien masivamente tanto a convocatoria de Folga como as distintas concentracións que se levarán a cabo nas distintas empresas.

 
 
Informacións relacionadas
13/12/2007 Denuncian a precariedade laboral e a deslocalización
As centrais sindicais CIG e CGT convocan folga no sector de Telemárketing para o 21 de decembro
01/12/2007 CIG e CGT desconvocan a folga do día 7 e contémplase o anuncio doutra convocatoria inmediata
Comfia-CCOO e Fes-UGT asinarán o IV Convenio de Telemárketing o 5 de decembro
30/11/2007 CCOO, UGT e patronal asinan un preacordo de Convenio que amplía a temporalidade e establece salarios de miseria
O 7 de decembro CIG e CGT convocan Folga no sector de Telemárketing
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta