ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 19 de decembro de 2007

Panxoliñas para a Administración viguesa
Nova mobilización dos alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios polo comezo das aulas

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Alumnas e alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo; clic para aumentar
A nova mobilización terá lugar o xoves 20 diante do Edificio do Concello de Vigo na Praza do Rei, a partir das 13 horas, na que “se lle adicarán ás autoridades locais unhas tradicionais panxoliñas e cantos de Nadal e Reis”. (Foto: ©galizacig.com).
 
A asemblea de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo celebrou o luns 17 de decembro unha nova xuntanza para valorar as últimas mobilizacións realizadas, analizar a situación actual do conflito e promover novas accións tendentes a sensibilizar aos responsábeis municipais da penosa situación que padece o colectivo que leva sen clases desde a formalización das matrículas no mes de setembro.

Na asemblea do luns os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo realizaron unha valoración moi positiva do serán celebrado o xoves pasado na sede da alcaldía de Vigo na rúa Porto, “e dado que non hai constancia de ningunha nova positiva no que se refire ao inicio das clases” (encadernación, encaixe de palillos, pintura, música moderna e son) a asemblea decidiu convocar unha nova medida de protesta que consistirá nunha concentración.

A nova mobilización terá lugar o xoves 20 diante do Edificio do Concello de Vigo na Praza do Rei, a partir das 13 horas, na que “se lle adicarán ás autoridades locais unhas tradicionais panxoliñas e cantos de Nadal e Reis”.


Escrito ao Valedor

Ademais acordouse enviar un escrito ao valedor do Pobo para poñer no seu coñecemento a “lamentábel situación que está a padecer o alumnado desta Escola e así tome en consideración as nosas xustas demandas e adopte as medidas que considera oportunas para poñer fin a tan intolerábel situación”.

 
 
Informacións relacionadas
13/12/2007 Nova mobilización dos alumnos e alumnas
Serán popular fronte á Alcaldía de Vigo polo comezo das clases na Escola de Artes e Oficios
13/11/2007 Posíbeis solucións á vista
Os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo volven mobilizarse polo comezo das clases
07/11/2007 Os alumnos solicitan entrevista coa concelleira
Continuarán as mobilizacións polo comezo das clases na Escola de Artes e Oficios de Vigo
18/10/2007 Aínda non comezaron as aulas
Alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo maniféstanse pola falta de profesorado no centro
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta