ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 11 de decembro de 2007

Subministrará enerxía eléctrica ao hospital do campamento de refuxiados saharauis de Smara
O proxecto PICERSA, novo elo na cooperación
CIG-UGTSARIO

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Proxecto PICERSA en Smara; clic para aumentar
A actuación técnica estará acompañada dun curso de capacitación de dous meses de duración que será impartido no propio campamento de Smara a mozos e mozas saharauis. O obxectivo desta capacitación é crear un grupo de profesionais capaces de instalar e manter sistemas enerxéticos semellantes ao que a CIG promove. (Fotos: ©galizacig.com).
Proxecto PICERSA en Smara; clic para aumentar
No campamento de Smara hai un hospital comarcal construído moi recentemente que presenta limitacións importantes no seu uso ao carecer de subministro eléctrico. A actuación da CIG vai resolver este problema mediante a instalación dun sistema de subministro enerxético mixto eólico e solar fotovoltaico que garantirá o funcionamento do hospital durante todo o ano.
 
No mes de abril de 2008 será inaugurado o sistema de subministro eléctrico ao hospital rexional de Smara, o que será posíbel grazas ao proxecto de cooperación ao desenvolvemento PICERSA promovido pola CIG coa UGTSARIO como parceiro local.

O proxecto, denominado “PICERSA, promoción e capacitación en enerxías renovábeis na área da saúde nun campamento de refuxiados saharauis” terá un custe aproximado de 200.000 euros. O 90% do orzamento será cuberto pola Dirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galiza e o resto pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e a propia CIG.

O campamento de Smara está habitado por uns 35.000 refuxiados saharauis que tiveron que abandonar a súa patria no ano 1975 como consecuencia da invasión marroquí e do oprobioso Tratado de Madrid, en virtude do cal a potencia colonial, o Estado español, entregaba este territorio a Marrocos e Mauritania. Smara é un dos cinco campamentos instalados na hamada, a parte máis inhóspita do deserto alxeriano, onde 170.000 saharauis continúan loitando polo dereito a vivir libre e soberanamente na súa patria, o Sahara Occidental.

No campamento de Smara hai un hospital comarcal construído moi recentemente que presenta limitacións importantes no seu uso. O hospital, e o campamento, non teñen subministro eléctrico e isto condiciona moi negativamente o seu funcionamento pois no verao as temperaturas poden superar os 50 grados centígrados. Sen luz eléctrica e, por tanto, sen refrixeración, os seus servizos funcionan baixo mínimos ou, mesmo algúns deles, permanecen pechados.

A actuación da CIG vai resolver este problema mediante a instalación dun sistema de subministro enerxético mixto eólico e solar fotovoltaico que garantirá o funcionamento do hospital durante todo o ano.

A actuación técnica estará acompañada dun curso de capacitación de dous meses de duración que será impartido no propio campamento de Smara a mozos e mozas saharauis. O obxectivo desta capacitación é crear un grupo de profesionais capaces de instalar e manter sistemas enerxéticos semellantes ao que a CIG promove.

Para poñer en marcha o proxecto, a semana pasada estiveron nos campamentos saharauis os compañeiros Antón Casal, responsábel técnico de PICERSA, e David Mato, que será o responsábel da capacitación técnica. Na súa estadía concretaron sobre o terreo multitude de detalles prácticos necesarios para a boa marcha da actuación, razón pola que se realizaron numerosas reunións de traballo con responsábeis políticos, sindicais, técnicos e médicos.

A viaxe serviu tamén para seleccionar aos mozos e mozas saharauis que van recibir a capacitación e para transportar ata o campamento de Smara a maior parte dos materiais técnicos e pedagóxicos que se van necesitar.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta