ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 21 de decembro de 2007

Tres meses sen aulas
Os alumnos de Artes e Oficios cantan panxoliñas no concello de Vigo para que comecen as clases

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Alumnas/os da Escola de Artes e Oficios de Vigo cantan panxoliñas; clic para aumentar
O xoves 20 de decembro a mediodía no Concello de Vigo xuntábase un grupo de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios que, coa chegada de Nadal, quixeron cantarlle unha panxoliña moi especial á Administración municipal. (Foto: ©galizacig.com 20/12/2007).
 
De novo volven ser noticia os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios, que levan numerosas mobilizacións, concentracións, foliadas e diversas protestas para reclamar que comecen as aulas nesta escola municipal.

Como decidiran na última asemblea, o xoves 20 de decembro a mediodía no Concello de Vigo xuntábase un grupo de alumnos e alumnas que, coa chegada de Nadal, quixeron cantarlle unha panxoliña moi especial á Administración municipal para reclamar que se poña solución á situación na que se encontran, xa que levan tres meses sen clases.

A continuación transcribimos o texto destas tradicionais panxoliñas e cantos de Nadal e Reis que baixo o título de “Pero mira como cantan” lle dedicaron ás autoridades locais.

Pero mira como cantan
@s de Artes e Oficios
Porque as súas clases
Non deron aínda inicio
Cantan e cantan
E volven a cantar
Para ver se conseguen
As clases comezar.

A concelleira que manda
No tema de Educación
Di que todo este problema
Caeulle de sopetón.

Pero miran como cantan...

En outubro recibiunos
So para darnos un dato
Que o problema era sinxelo:
Regulación de contratos.

Un técnico do Concello
Ao que fai tempo non vexo
Explicounos o outro día
Que o tema era moi complexo.

Ademais van separarnos
E parécenos moi mal
Pois segregaron da escola
a Música Tradicional.

Pero tamén protestamos
Música moderna e son,
@s de encaixe de palillos,
Pintura e encadernación.

O caso é que aqui estamos
O asunto xa non ten pase:
Setembro, outubro, novembro
E decembro e nós sen clase.

Aí vos vai a despedida
Non vola damos de balde
Son os Reis pra a concelleira
Tamén pra o señor alcalde.

Pero mira como cantan...

 
 
Informacións relacionadas
19/12/2007 Panxoliñas para a Administración viguesa
Nova mobilización dos alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios polo comezo das aulas
13/12/2007 Nova mobilización dos alumnos e alumnas
Serán popular fronte á Alcaldía de Vigo polo comezo das clases na Escola de Artes e Oficios
13/11/2007 Posíbeis solucións á vista
Os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo volven mobilizarse polo comezo das clases
07/11/2007 Os alumnos solicitan entrevista coa concelleira
Continuarán as mobilizacións polo comezo das clases na Escola de Artes e Oficios de Vigo
18/10/2007 Aínda non comezaron as aulas
Alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo maniféstanse pola falta de profesorado no centro
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta