|
Actualidade CIG-Comunicación-
Na presentación participaron Marcos Marchante, responsábel nacional da CIG do automóbil, Antonio López, secretario de organización da CIG Metal, así como unha representación dos e das integrantes da Coordinadora do automóbil, composta por 14 persoas que son as e os representantes en cada Comité de cada unha das empresas do automóbil nas que a CIG obtén representación. Antes da rolda de prensa de presentación da revista tivo lugar a formalización e creación oficial deste organismo, que será “unha ferramenta e mecanismo moi útil para o traballo neste subsector”.
“Arauto” terá unha tiraxe de 5.000 exemplares, e desde este número cero o que se pretende é “informar das problemáticas que hai nas empresas e establecer liñas de traballo común, así como darlle difusión ao traballo da CIG que realiza desde os distintos centros”.
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 21/12/2007 |
|||||||||
|