ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 4 de decembro de 2007

Este departamento da CIG presentará os resultados das actividades que desenvolveu ao longo de 2007
Saúde Laboral presentará novas publicacións nunha xornada de formación o 11 de decembro
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xornada de formación o 11 de decembro; clic para aumentar
O Gabinete de Saúde Laboral da CIG pretende utilizar esta Xornada para sensibilizar entre os sindicalistas “a necesidade de impulsar a defensa dunhas condicións de traballo dignas, que son imprescindíbeis para evitaren os accidentes”.
 
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG fará balance das súas actividades nunha xornada que se celebrará o 11 de decembro no Hotel Congreso, en Compostela, a partir das 10:00 horas. Presentaranse as guías de Medio Ambiente e Sustentabilidade no Traballo e de Acción Preventiva contra os Trastornos Musculoesqueléticos. Informarase tamén acerca da Guía de Saúde Laboral desde unha Perspectiva de Xénero, editada pola Secretaría da Muller.

O Gabinete de Saúde Laboral da CIG pretende utilizar esta Xornada para sensibilizar entre os sindicalistas “a necesidade de impulsar a defensa dunhas condicións de traballo dignas, que son imprescindíbeis para evitaren os accidentes”.

Presentaranse e repartiranse entre os/as asistentes dúas novas publicacións: “Guía de Medio Ambiente e Sustentabilidade no Traballo”, elaborada por Ignacio Fernández López, traballador da antiga Bazán que xa fixera unha primeira edición, e a “Guía de Acción Preventiva sobre as Lesións Musculoesqueléticas”, realizada por Pilar Rodríguez Pérez, traballadora da sanidade pública. “Nos dous casos son aportacións militantes de excelente calidade sindical e técnica”, sinalan desde o Gabinete. No acto tamén se informará da “Guía de Prevención desde unha perspectiva de xénero”, editada pola Secretaría da Muller.

Como complemento da Xornada, premiarase o labor desenvolvido en materia de prevención por afiliados/as da CIG.

As prazas para esta xornada son limitadas. Aqueles afiliados/as que queiran anotarse terán que contactar coas sedes comarcais da CIG antes do 6 de decembro.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta