ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 13 de decembro de 2007

Nova mobilización dos alumnos e alumnas
Serán popular fronte á Alcaldía de Vigo polo comezo das clases na Escola de Artes e Oficios

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Alumnas e alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo; clic para aumentar
A asemblea decidiu unha nova mobilización pública consistente na celebración dun serán popular a partir das 13 do xoves día 13 diante das dependencias da Alcaldía (na sede do antigo reitorado, na rúa Porto) para chamar a atención dos responsábeis desta lamentábel situación. (Foto: ©galizacig.com).
 
A asemblea de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios celebrou o luns 10 de decembro, ás 7 da tarde, unha nova xuntanza para analizar a situación que está a padecer este colectivo, no que respecta ao inicio das clases, que aínda non se produciu neste curso escolar.

Despois de pormenorizar as novidades mínimas que hai ao respecto, a asemblea acordou manifestar publicamente a xeral indignación “que nos produce o feito de que a día 10 de decembro aínda non dese comezo o curso escolar nas materias de Pintura, Encadernación, Encaixe de Palillos, Música Moderna e Son, así como as distintas aulas de instrumentos tradicionais (desde agora segregadas da Escola, baixo a denominación de Escola Tradicional)”.


Nova convocatoria pública

Ademais a asemblea decidiu unha nova mobilización pública consistente na celebración dun serán popular a partir das 13 do xoves día 13 diante das dependencias da Alcaldía (na sede do antigo reitorado, na rúa Porto) para chamar a atención dos responsábeis desta lamentábel situación.

Para esta mobilización solicitan desde esta asemblea “a participación e apoio de toda a comunidade de alumnos e alumnas -afectados/as ou non- da Escola”.

 
 
Informacións relacionadas
13/11/2007 Posíbeis solucións á vista
Os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo volven mobilizarse polo comezo das clases
07/11/2007 Os alumnos solicitan entrevista coa concelleira
Continuarán as mobilizacións polo comezo das clases na Escola de Artes e Oficios de Vigo
18/10/2007 Aínda non comezaron as aulas
Alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo maniféstanse pola falta de profesorado no centro
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta