|
Actualidade CIG-Comunicación-
«Permanentemente somos testemuñas de agresións e ocupacións militares en distintos lugares do mundo: Iraq, Palestina, Afganistán, Líbano, o Sahara son só algúns exemplos actuais. Se isto é preocupante, é aínda maior a nosa preocupación pola indiferenza e a pasividade con que tales feitos son observados por unha gran parte da poboación mundial. Como docentes, debemos concienciar desta circunstancia e situar os nosos obxectivos na formación de persoas independentes, xustas, solidarias, críticas e tolerantes, capaces de reflexionar sobre os perigos que se agochan no sexismo, na xenofobia, na violencia, etc, e capaces tamén de mudar esta sociedade competitiva e violenta na que vivimos. Desgraciadamente na nosa sociedade vemos que este labor educativo que desenvolvemos nos centros de ensino ten que enfrontarse cunhas dinámicas sociais nas que polo xeral son fomentadas actitudes contrarias como a competitividade, o individualismo e a agresividade. Para a CIG-Ensino, a educación debe inspirar, divulgar e propor:
Debemos intentar que estes principios formen parte permanente dos contidos que a escola transmite e non restrinxilos soamente á celebración do “Día da Paz”. Para isto, é preciso incorporar no currículo escolar contidos, obxectivos, métodos e técnicas da educación para a paz. A CIG-Ensino ten entre os seus obxectivos a Educación para a Paz, e conforme a este obxectivo consideramos que a educación debe inspirar, divulgar e propor iniciativas pola paz e o desarme, a solución pacífica dos conflitos e o respecto aos dereitos das persoas e dos pobos e o dereito dos pobos á súa libre autodeterminación». |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/01/2008 |
||||
|