ActualidadeVolver a Actualidade

Vigo, 25 de xaneiro de 2008

A marcha partirá ás 11 da mañá da nave industrial de Edificacións Marbar (na Tebra) e rematará no centro de Tomiño
A CIG convoca unha mobilización de apoio aos traballadores e traballadoras das empresas Marbar

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com

  Peche dos traballadores de Construcións Marbar nas instalacións da empresa; clic para aumentar

Os traballadores e traballadoras continúan a facer quendas nas instalacións da empresa, e así con estas permanencias nas instalacións evitar a descapitalización da empresa e protexer toda a maquinaria que aínda permanece no interior da mesma. (Fotos: ©galizacig.com 22/01/2008).
 
A Comarca de Vigo, e desde a Federación de Construción da CIG, organizou para mañá venres 25 de xaneiro unha manifestación para arroupar e acompañar aos traballadores e traballadoras de Marbar, que veñen de ficar sen traballo e co dono da empresa desaparecido, repartidos entre os diferentes negocios de Construcións Marbar SL.

Un autobús sairá ás dez da mañá desde o local sindical da CIG en Vigo para acudir a esta cita de solidariedade e apoio aos traballadores e traballadoras destas empresas.

Continúa o peche

Os traballadores e traballadoras continúan a facer quendas nas instalacións da empresa, e así con estas permanencias nas instalacións evitar a descapitalización da empresa e protexer toda a maquinaria que aínda permanece no interior da mesma.

O mércores 23 de xaneiro tivo lugar unha asemblea no local de A Guarda da CIG, onde a asesoría xurídica da CIG asesorou e informou aos traballadores e traballadoras das demandas e saídas xudiciais á situación na que se atopan, e continuou o apoio da central sindical nacionalista con este colectivo.

Informacións relacionadas
23/01/2008 56 persoas e graves consecuencias
Os traballadores da construtora Marbar fechados nas instalacións da empresa ante a fuxida do xefe
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio

Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/01/2008
cig.informatica

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)

Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta