|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG conseguiu 443 delegados, UGT 363 e CCOO 347. A central nacionalista subiu 69 representantes con respecto ao anterior proceso (+3,27%). UGT perdeu 15 (-3,39%) e CCOO gañou 22 mais experimentou un retroceso do 0,16%. Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, agradeceu en roda de prensa o apoio brindado polos traballadores ao sindicato. Salientou que a central nacionalista presentou candidaturas no 90% das empresas que celebraron eleccións na bisbarra. A participación da CIG nas diferentes votacións non estivo exenta de dificultades por mor das ameazas dos empresarios sobre os integrantes das listas do sindicato: “A patronal aposta por outro tipo de sindicalismo”, apostilou López Pintos. “Agora temos unha responsabilidade máis grande na nosa comarca”, engadiu, “que é a que ten maior explotación laboral de Galiza”. Estes resultados son, a xuízo de Fran Cartelle, secretario comarcal de Organización, “un toque de atención á patronal pois evidencian que os obreiros teñen como referente a un sindicato que non claudica”. Cartelle relaciona o éxito fraguado pola CIG co modelo que representa “de sindicato nacionalista, de clase, combativo e participativo”.
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/01/2008 |
|||||||||
|