ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 16 de xaneiro de 2008

A central nacionalista pasa de 6 a 8 representantes no comité provincial coruñés desta empresa de Gadisa
A CIG fica ao borde da maioría absoluta en
Almacenes Casán

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  CIG, sindicalismo galego; clic para aumentar
A CIG, con 8 delegados/as no Comité provincial de A Coruña de Almacenes Casán, subiu dous representantes con respecto ao anterior proceso electoral e quedou a unha escasa marxe de conseguir a maioría absoluta. (Descarga a foto en tamaño tapiz para o escritorio de Windows 1024x768 ou 1280x960).
 
A CIG conseguiu 8 delegados nas eleccións ao Comité provincial coruñés de Almacenes Casán, empresa pertencente ao Grupo Gadisa. O sindicato nacionalista subiu dous representantes con respecto ao anterior proceso electoral e quedou a unha escasa marxe de conseguir a maioría absoluta. A participación foi do 67,5%.

Begoña Martínez, presidenta do Comité de Almacenes Casán en A Coruña e candidata da CIG, considera que estes resultados representan un recoñecemento ao labor desenvolvido pola sección sindical nestes catro anos. Martínez agradece a confianza que depositaron os traballadores na lista da CIG e agarda que nas próximas eleccións se acade a maioría absoluta. “Seguiremos traballando e informando os traballadores como até agora”. Entre os obxectivos inmediatos sitúa o recoñecemento das categorías e o pagamento das horas extra. Begoña Martínez espera que o aumento da representatividade da CIG no sector do Comercio de Alimentación en A Coruña sirva para negociar un convenio digno.


Resultados nas eleccións ao Comité provincial de A Coruña
de Almacenes Casán

Colexio de Especialistas e Non Cualificados

CIG: 253 votos, 8 delegados/as.

USO: 147 votos, 5 delegados/as.

UGT: 81 votos, 2 delegados/as.

Houbo 21 papeletas en branco e 7 nulas.


Colexio de Técnicos e Administrativos

USO: 31 votos, 2 delegados/as.

Contabilizáronse 9 votos en branco e 2 nulos.

A de USO foi a única candidatura presentada neste Colexio.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta