|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG xa presentara alegacións aos Orzamentos municipais no pasado mes de decembro, sen que estas foran tidas en conta polo Goberno local. O presuposto do Concello para o ano 2008, ademais de non recoller a suba do 1% da masa salarial que ordena a Lei, contempla un incremento do 2% das retribucións complementarias de todos os postos de traballo sen negociación previa, aspecto que incumpre o recollido no artigo 37 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público. Por outra banda, nos Orzamentos de 2008 créanse dúas partidas concretas para aboar o concepto retributivo de produtividade, separadas da partida xeral, para o persoal dos órganos de Goberno e para o do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) sen a aprobación previa dun sistema obxectivo de avaliación do desempeño. Esta produtividade adxudicouse en contra do estabelecido nos artigos 20 e 24, C da Lei 7/2007, que indican que os sistemas de avaliación do desempeño dos empregados terán que adecuarse a “criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non discriminación”. O Orzamento municipal de A Coruña para o exercicio 2008 publicouse no Boletín Oficial da Provincia o 20 de decembro de 2007. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 24/01/2008 |
|||||||
|