|
Actualidade CIG-Comunicación-
Así o denunciou o pasado xoves 24 de xaneiro en Lugo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, quen asegurou que todos estes casos “son moito máis que unha anécdota, son o síntoma dun desleixo por parte da Consellaría de Educación, que non está a facer nada para solucionalo”. Callón asegurou que a Mesa vai traballar como garante do cumprimento do Decreto, e explicou que a asociación cívica está a elaborar un informe, que se dará a coñecer cara o remate do curso, no que se recolle información achegada por estudantes, nais e pais e os grupos locais da Mesa pola Normalización Lingüística. O presidente desta asociación asegurou que “os datos que estamos a recoller de momento non son nada alentadores” e denunciou que se manteñen “inercias que veñen xa de anteriores leis que nunca chegaron a cumprirse”. Un plan de formación para o profesorado, campañas de sensibilización e unha labor próxima e dilixente por parte da Inspección educativa son as medidas urxentes que reclama Carlos Callón para intentar acadar un maior nivel de cumprimento da lexislación en materia lingüística. Fronte ao cincuenta por cento que recolle o decreto, a porcentaxe de uso do galego no Conservatorio de Música de Lugo e dun cero por cento. Non hai nin rastro da nosa lingua nin nos materiais nin nas explicacións orais. “Este caso foi denunciado á inspección educativa por pais e nais, e o que fixeron foi lavar as mans”, expuxo o presidente da Mesa. Callón, que compareceu perante os medios acompañado por Fernán Xosé Mourenza, responsábel da Mesa na zona de Lugo, explicou que os niveis de cumprimento do Decreto na comarca son “como no conxunto do país, nada alentadores”. Pola súa banda, Mourenza fixo referencia, ademais de ao Conservatorio, a centros como o Politécnico de Lugo, onde, segundo el, se está a levar a cabo “unha política totalmente belixerante contra a posta en marcha do Decreto”. O responsábel da zona de Lugo da Mesa explicou tamén que “os casos máis graves se dan en educación infantil e primaria”. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 26/01/2008 |
||||
|