ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 26 de xaneiro de 2008

Desde o inicio do curso hai centros que carecen de orientadores/as maila ter catalogados estes postos
CIG-Ensino reclama da Consellaría a dotación de profesorado de orientación para a comarca de Santiago

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Exterior do CEIP Agro do Muíño de Ortoño; clic para aumentar
A CIG-Ensino considera inaceptábel a actitude da Consellaría de Educación que segue obrigando a unha profesora de orientación a compartir dous centros que suman case mil alumnos: CEIP Bispo Guerra Campos (27 unidades, 582 alumnos e alumnas) e CEIP Agro do Muíño de Ortoño (18 unidades, 382 alumnos e alumnas), os dous no Concello de Ames.
 
A CIG-Ensino leva reclamando desde o inicio de curso, ante a Delegación Provincial da Consellaría en A Coruña, a dotación dunha orientadora ou dun orientador nos centros educativos, como mínimo o número que aparece catalogado na relación de postos de traballo dos centros educativos.

Hai centros da comarca de Santiago que necesitan orientadores ou orientadoras, pero os casos máis sorprendentes son a carencia de orientador/a nos centros CEIP Agro do Muíño de Ortoño (Ames) e CEIP O Coto (Negreira) que, malia ter catalogados postos de orientación, seguen sen ser nomeados desde o inicio de curso.

A CIG-Ensino considera inaceptábel a actitude da Consellaría de Educación que segue obrigando a unha profesora de orientación a compartir dous centros que suman case mil alumnos: CEIP Bispo Guerra Campos (27 unidades, 582 alumnos e alumnas) e CEIP Agro do Muíño de Ortoño (18 unidades, 382 alumnos e alumnas), os dous no Concello de Ames.

Tamén é inaceptábel que o CEIP O Coto de Negreira (6 unidades Infantil e 16 de Primaria) siga, a estas alturas de curso, sen estar dotado dun orientador ou orientadora que legalmente lle corresponde.

Desta maneira, a Consellaría desenténdese de postos de servizo necesarios e recoñecidos. “Non se pode dicir dende a Administración que se aposta pola calidade do ensino cando restrinxe a adxudicación de profesorado e outro tipo de persoal solicitado polos centros e máis sabendo que legalmente lles corresponde”, sinalan.

CIG-Ensino defende que se catalogue un orientador ou orientadora en centros de 6 ou máis unidades, e considera que por cada 12 unidades máis debe haber un novo posto de Psicoloxía/Pedagoxía.

Alén diso, exixe unha solución inmediata, que pasaría por nomear, como mínimo, un orientador ou orientadora para cada un dos centros anteriormente subliñados.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta