ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 30 de xaneiro de 2008

Contempla a posibilidade de que sexan privados concertados e liquida a xestión democrática
CIG-Ensino rexeita o Decreto que regula os Centros Integrados de FP en Galiza

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Aula de Formación Profesional; clic para aumentar
CIG-Ensino sempre defendeu e segue a defender o carácter exclusivamente público dos Centros Integrados por entender que estes centros teñen que cumprir un papel de referente para os demais centros de FP en innovación, aplicación de novas tecnoloxías, formación do profesorado, etc. A súa creación debe planificarse, ademais, en función dun maior desenvolvemento dos sectores económicos estratéxicos para o país e das necesidades do tecido produtivo nas distintas comarcas.
 
CIG-Ensino vén de manifestar o seu rexeitamento ao Decreto que regula os Centros Integrados de FP en Galiza porque reproduce literalmente o RD 1558/2005, ao que xa presentou un recurso. Para CIG-Ensino o máis grave é que recolle a posibilidade de que existan centros privados concertados e que estes poidan desenvolver actuacións que deberían estar reservadas aos centros públicos.

O RD 1558/2005 constitúe a normativa estatal básica referente aos Centros Integrados de FP. CIG-Ensino presentou no seu momento un recurso, que foi admitido a trámite polo Supremo, por considerar que invadía competencias das Comunidades Autónomas. Desde a Federación de Ensino da CIG explican que tiveron que adoptar esta medida ante a actitude pasiva da Consellaría de Educación, que fixo deixamento das súas competencias e responsabilidades ao non recorrer a citada norma.

O Decreto publicado agora para regular os Centros Integrados de FP en Galiza reproduce todos os aspectos regresivos contemplados na lexislación estatal entre os que cómpre salientar a posibilidade de que existan Centros Integrados privados concertados, aos que ademais se lles pode autorizar para realizar actuacións que deberían ser exclusivas dos centros públicos, como participar nos procesos de avaliación e recoñecemento de competencias profesionais adquiridas polas persoas por vía laboral ou outras vías non formais.

A CIG-Ensino sempre defendeu e segue a defender o carácter exclusivamente público dos Centros Integrados por entender que estes centros teñen que cumprir un papel de referente para os demais centros de FP en innovación, aplicación de novas tecnoloxías, formación do profesorado, etc. A súa creación debe planificarse, ademais, en función dun maior desenvolvemento dos sectores económicos estratéxicos para o país e das necesidades do tecido produtivo nas distintas comarcas. Neste sentido, no marco do II Plano Galego de FP, xa demandou o compromiso das administracións educativa e laboral de establecer unha rede de Centros Integrados exclusivamente pública.


Xestión democrática dos centros

Outro dos aspectos negativos do Decreto publicado é o retroceso que se produce na xestión democrática dos Centros Integrados ao contemplarse o nomeamento da dirección dos Centros Integrados polo procedemento de libre designación, tal como se contemplaba na Lei Orgánica das Cualificacións e da Formación Profesional, e asignarlle aos directores e directoras, entre outras, funcións de auténtico xefe de persoal, podendo non só fixar e aplicar a política de recursos humanos senón incluso adoptar as resolucións disciplinarias que corresponda.

A CIG-Ensino ten demandado reiteradamente a modificación da lexislación vixente neste aspecto concreto e defende que, mentres esta non se produza, débese estabelecer un Regulamento Orgánico de funcionamento único para todos os Centros Integrados no que se contemplen mecanismos de participación do profesorado na elección da dirección.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta