|
Actualidade / Artigo Unha proposición indecente Clodomiro Montero Martínez-
Unha das últimas leis aprobadas polo Parlamento español, antes da súa disolución, foi unha nova reforma da Seguridade Social na liña das anteriores: alongar a vida laboral, esixir un maior período de cotización para acceder a unha prestación e recortar de paso as prestacións. Todo argumentado pola tan manida e falsa futura posible quebra do sistema público de pensións. Como é habitual na maior parte das campañas electorais estatais, goberne quen goberne, asistimos a promesas de futuras subas das prestacións, desta volta por boca do candidato do PSOE. Xa vale de recortar as pensións futuras das persoas que hoxe traballamos e cotizamos, e de prometer en campaña electoral unha suba das pensións dos actuais pensionistas para tratar de tirar do voto deste colectivo. Estamos ante unha proposición indecente que debemos rexeitar enerxicamente, abonda de recortar por un lado e facer promesas electoralistas por outro.
|
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/01/2008 |
||||
|