ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 18 de xaneiro de 2008

Cociña, limpeza e mantemento en loita
Continúan as mobilizacións nos hospitais de Vigo pola equiparación salarial e o cumprimento dos convenios

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Cociña, limpeza e mantemento polo cumprimento do Convenio; clic para aumentar
Cociña, limpeza e mantemento polo cumprimento do Convenio; clic para aumentar
Estes traballadores e traballadoras camiñan cara unha folga nacional en todos os hospitais galegos, que terá como preludio unha concentración de delegados e delegadas o 23 de xaneiro diante de San Caetano en Santiago. (Fotos: ©galizacig.com 17/01/2008).
Cociña, limpeza e mantemento polo cumprimento do Convenio; clic para aumentar
 
Os traballadores e traballadoras de limpeza, cociña e mantemento do Hospital do Meixoeiro, Hospital Xeral Cíes, Rebullón e Nicolás Peña, manifestáronse diante dos centros hospitalarios o mércores 16 de xaneiro e xoves 17 para reivindicar o cumprimento dos convenios colectivos de equiparación salarial.

Nestes momentos as empresas contratadas polo Sergas incumpren o novo acordo salarial de aboar a carreira profesional para o persoal subalterno, a estas traballadoras e traballadores uns 800 euros.

Estes traballadores e traballadoras camiñan cara unha folga nacional en todos os hospitais galegos, que terá como preludio unha concentración de delegados e delegadas o 23 de xaneiro diante de San Caetano en Santiago.


Cortes de tránsito

O xoves 17 de xaneiro desde ás 13 este persoal afectado polo incumprimento do xa asinado cortou o tránsito diante do Hospital Xeral, e mantiveron durante máis de corenta minutos unha concentración moi ruidosa e visíbel no centro da cidade de Vigo.

A protesta deste colectivo explicaban que “é contra as empresas adxudicatarias e contra o Sergas, que non quere recibirnos nin quere arranxar esta situación, e que nos obriga a convocar unha folga a nivel galego”.

 
 
Informacións relacionadas
16/01/2008 Camiñando cara unha folga nacional
Mobilización das traballadoras do servizo de limpeza do Hospital de Montecelo pola equiparación e a carreira
21/12/2007 Esta vez, diante do Hospital Xeral Cíes de Vigo
O persoal das contratas do Sergas repite mobilizacións pola equiparación salarial da carreira profesional
20/12/2007 As contratas do Sergas incumpren o acordo de aboar a carreira profesional a traballadoras de limpeza, cociña e mantemento
Concentración polo cumprimento dos convenios de equiparación salarial nos hospitais de Vigo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta