ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 15 de xaneiro de 2008

Concentración de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da Consellaría
Convocatoria unitaria para reclamar de Educación un novo proxecto de orde para a xornada única
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Criterios razonábeis para a xornada única; clic para aumentar
A concentración terá lugar o vindeiro mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, en Santiago, co obxecto de reivindicar que a Consellaría retome as negociacións. (Foto: ©galizacig.com).
 
O pasado 27 de decembro, as organizacións sindicais do ámbito do ensino, CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF, presentaban diante do presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto de orde sobre implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter de urxencia. Ante a falta de resposta da Consellaría acordaron, de forma unitaria, convocar unha concentración de delegados/as e buscar o apoio dos claustros, dos consellos escolares e das ANPAs.

A concentración terá lugar o vindeiro mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, en Santiago, co obxecto de reivindicar que a Consellaría retome as negociacións presentando un novo proxecto de orde que recolla, entre outras cuestións, que:

• Para proceder á modificación da xornada se requirirá a participación do 50 % do censo, entendendo un só voto por unidade familiar, e o voto favorábel dos dous terzos dos participantes.

• O transporte escolar nunca condicionará o cambio de xornada lectiva proposta e aprobada pola comunidade educativa.

Alén diso, acordaron recadar o apoio dos claustros de profesores e profesoras, dos consellos escolares e das asociacións de nais e pais.

As organizacións sindicais CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF agardan que a Consellaría recapacite e convoque de novo a negociación cun novo proxecto de orde, do contrario, as organizacións sindicais anuncian que continuarán coas mobilizacións.

 
 
Informacións relacionadas
22/12/2007 Todas as organizacións sindicais esixen a retirada do proxecto
CIG-Ensino considera inaceptábel a última proposta para xornada única da Consellaría de Educación
20/12/2007 Exixen unha regulamentación menos restritiva
CIG-Ensino demanda de Educación a xornada única cantándolle coplas á conselleira
19/12/2007 Demandan que non se condicione a decisión ao transporte escolar
Concentración de CIG-Ensino por uns criterios menos restritivos para os centros acollerse á xornada única
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta