Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 12 de xaneiro de 2007

África di non
 

Ignacio Ramonet-

Le Monde Diplomatique


O que os Vinte e Sete exixen dos países de África (e dos do Caribe e o Pacífico) é que acepten deixar entrar nos seus mercados as exportacións (mercadorías e servizos) da Unión Europea sen dereitos de alfándega.



  Thabo M'Beki; clic para aumentar
O que os Vinte e Sete exixen dos países de África (e dos do Caribe e o Pacífico) é que acepten deixar entrar nos seus mercados as exportacións (mercadorías e servizos) da Unión Europea sen dereitos de alfándega.O presidente senegalés, Abdoulaye Wade, denunciou esta coacción e negouse a asinar. O presidente de Sudáfrica, Thabo M'Beki (na foto), apoiouno de inmediato. Seguindo esa liña, Namibia tamén tomou a valorosa decisión de non asinar, a pesar de que un aumento nos dereitos alfandegueiros da Unión Europea sobre a súa carne bovina marcaría o final das súas exportacións e a morte dese filón.
 
Velaí que, para contrariedade da fachendosa Europa, se produciu o inimaxinábel: nun pulo de orgullo e rebelión, África, á que moitos crían sometida a forza de empobrecemento, dixo que non. Non á camisa de forza dos "Acordos de Asociación Económica" (APE, segundo as súas siglas en francés). Non á liberalización salvaxe dos intercambios comerciais. Non a eses últimos avatares do Pacto colonial.

Aconteceu en Lisboa, o pasado mes de decembro, con ocasión do Segundo Cumio da Unión Europea e África, cuxo principal obxectivo era obrigar os países africanos a asinaren novos tratados comerciais (os famosos APE) antes do 31 de decembro de 2007, en aplicación da Convención de Cotonú (xuño de 2000) que prevé o fin dos acordos de Lomé (1975). Segundo estes acordos as mercadorías procedentes das antigas colonias de África (e do Caribe e o Pacífico) entran na Unión Europea practicamente sen dereitos de alfándega, con excepción dos produtos importantes para os produtores europeos como o azucre, a carne e o plátano. A Organización Mundial do Comercio (OMC) exixira o desmantelamento destas relacións preferentes, ou ben a súa substitución por acordos comerciais fundados na reciprocidade -único medio, segundo a OMC, de preservar a diferenza de tratamento a favor dos países africanos. A Unión Europea inclinouse pola segunda opción, o libre cambio integral mascarado baixo o nome de "Acordos de Asociación Económica".

Noutras palabras, o que os Vinte e Sete exixen dos países de África (e dos do Caribe e o Pacífico) é que acepten deixar entrar nos seus mercados as exportacións (mercadorías e servizos) da Unión Europea sen dereitos de alfándega.

O presidente senegalés, Abdoulaye Wade, denunciou esta coacción e negouse a asinar. O presidente de Sudáfrica, Thabo M'Beki, apoiouno de inmediato. Seguindo esa liña, Namibia tamén tomou a valorosa decisión de non asinar, a pesar de que un aumento nos dereitos alfandegueiros da Unión Europea sobre a súa carne bovina marcaría o final das súas exportacións e a morte dese filón.

Mesmo o presidente Nicolas Sarkozy, que con todo tivo expresións moi desafortunadas en Dakar en xullo de 2007, achegou o seu apoio aos países máis opostos a eses tratados leoninos: "Estou a favor da globalización, a favor da liberdade, declarou, pero non a favor da expoliación de países que por outra banda xa non teñen nada".

Esta rebelión contra os APE, que ao sur do Sahara suscitan unha enorme onda de inquietude popular e unha intensa mobilización dos movementos sociais e as organizacións sindicais, produciu efecto. O Cumio concluíu coa constatación do seu fracaso. José Manuel Durão Barroso, presidente da Comisión Europea, viuse obrigado a ceder e aceptar a reivindicación dos países africanos de proseguir o debate. Comprometeuse a renovar as negociacións no próximo mes de febreiro.

Esta vitoria crucial de África é un signo suplementario do momento favorábel que atravesa o continente. No curso dos últimos anos, termináronse os conflitos máis mortíferos (só quedan os de Darfur, Somalia e o leste do Congo) e consolidáronse os avances democráticos. As economías seguen prosperando, dirixidas por unha nova xeración de mozos dirixentes, aínda que persisten as desigualdades sociais.

Para rematar, outra baza: a presenza de China, que, ao investir masivamente, está a piques de suplantar a Unión Europea como principal fornecedor do continente africano, e que ademais a partir de 2010 podería converterse no seu primeiro cliente, superando a Estados Unidos. Atrás queda o tempo en que Europa podía impor programas ruinosos de axuste estrutural. Agora África resístese. Tanto mellor.


[Artigo tirado de ‘Le Monde Diplomatique’, xaneiro de 2008]

 
 
As opinións vertidas nos artigos de opinión, enviados polos nosos colaboradores ou tiradas doutros medios, non teñen porque ser necesariamente compartidas pola CIG.
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apóntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta